Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 20 de maio de 2002 Páx. 7.371

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO de concurso.

O Pleno do concello, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 5 de abril de 2002, aprobou o prego de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas reguladoras do concurso público para adxudica-lo contrato de prestación do servicio de axuda no fogar.

1. Obxecto do contrato.

O contrato ten por obxecto a prestación do servicio de axuda no fogar a aquelas persoas ou familias que se determinen por acordo de Comisión de Goberno, consonte o disposto no prego.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

3. Tipo de licitación.

O tipo máximo de licitación será de sete euros con vinteún céntimos (7,21 A) por hora de prestación (1.200 pesetas/hora).

En ningún caso a facturación anual superará a cantidade que para a prestación deste servicio se inclúa na correspondente partida dos orzamentos municipais, sen prexuízo da súa posible suplementación. Para este ano 2002, a dotación orzamentaria inicial é de sesenta e oito mil novecentos cincuenta e un euros con corenta e dous céntimos (69.951,42 A), 11.472.541 pesetas.

4. Garantías.

Provisional: mil douscentos euros (1.200 A), 199.663 pesetas.

5. Obtención de documentación.

O prego de cláusulas administrativas estarán ó dispor de tódolos interesados no Negociado de Urbanismo e Contratación, sito nos Claustros de San Francisco, avda. de Cervantes, s/n, en horario de 8 a 15 horas.

6. Prazo de presentación das proposicións.

20 días naturais seguintes á última publicación do anuncio nos boletíns oficiais (DOG e BOP). No caso de que o día vixésimo coincida en sábado, domingo ou festivo, entenderase o prazo prorrogado ata o día laborable seguinte.

7. Gastos pola conta do adxudicatario.

Os dos anuncios que xere a poxa, os preparatorios e os de formalización do contrato.

Os tributos estatais, autonómicos e locais que deriven do contrato.

8. Máis información: teléfono: 982 56 20 47, en horario de 8 a 15. Fax: 982 56 31 56. Correo electrónico: viveiro*fegamp.es.

Viveiro, 18 de abril de 2002.

César Aja Mariño

Alcalde