Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 20 de maio de 2002 Páx. 7.370

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello, na sesión que tivo lugar o día 8 de abril de 2002, aprobou inicialmente o proxecto de reparcelación dunha unidade delimitada na rúa de Eduardo Pondal (número 14-16), promovido por Leonor Barreiro Saavedra.

En cumprimento do que dispón o artigo 102.4º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese á información pública durante o prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo, os interesados poderán consultalo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formularen por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Este anuncio servirá de edicto de notificación, de acordo co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP e PAC) ós propietarios que a seguir se relacionan:

-Leonor Barreiro Saavedra.

-Delfina Seijas González e Alfredo Barreiro Seijas.

-Santiago Banet López de Rego e Mª Jesús Tejedor García.

-Manuel Casal Rubio e Carmen Villasenín Mourullo.

-José Mujico Rubio e Matilde Rodríguez Couto.

-Jesús Fernández Sorribas e Mª Dolores Ferro Rey.

-José Rosende Alende e Mª Teresa Castelo Antelo.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2002.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo