Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 20 de maio de 2002 Páx. 7.370

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2002 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é a execución das obras de reurbanización da Praciña de San Fiz de Solovios, travesa da universidade, de acordo co proxecto redactado polo arquitecto Óscar Andrés Quintela.

Tipo de licitación: 270.449,44 A, IVE incluído.

Prazo de execución: o prazo de execución do contrato será de 5 meses contados desde a sinatura da acta de comprobación do replanteo.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro do xeral Concello de Santiago de Compostela, en horas de 9 a 14 horas, dentro do prazo de vinteseis días naturais, contado desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Documentación: información: Concello de Santiago de Compostela. (Departamento de Contratación). Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Documentación: Copy Nova, r/ Nova nº 12, local 4. Teléfono: 981 59 23 93 Santiago de Compostela.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no punto 15.3.3 do prego de cláusulas administrativas.

Clasificación do contratista: grupo G, subgrupo 6 e categoría c.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do importe de orzamento.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas, o segundo día hábil, non sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2002.

O alcalde

Rubricado