Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 20 de maio de 2002 Páx. 7.369

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2002 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: contratación de asistencia técnica para o establecemento dun centro de interpretación ambiental.

Tipo de licitación: 27.000 A, IVE incluído.

Prazo de execución: o proxecto presentarase no prazo de 3 meses desde a data de formalización do contrato. A duración deste será dun ano contado desde a súa formalización.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, entre as 9 e as 14 horas, dentro do prazo de oito días naturais, contado desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Documentación: información e documentación: Concello de Santiago de Compostela. (Departamento de Contratación-Servicios). Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 9 do prego de cláusulas administrativas.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas, o segundo día hábil, non sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2002.

O alcalde

Rubricado