Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 20 de maio de 2002 Páx. 7.328

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (841/2001).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño: en autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o número 841/2001, por instancia de Carlos Fouz González, contra a empresa Tero Lago, S.L. e Fogasa sobre cantidade, dictouse a seguinte sentencia:

Na Coruña, 12 de abril de 2002.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 841/2001, seguidos por instancia de Carlos Fouz González, maior de idade, asistido polo letrado Mª Luisa Tato Fouz, contra a empresa Tero Lago, S.L., que non compareceu en autos; e Fogasa, representado e asistido polo letrado Javier Morado Díaz, sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que estimando a demanda interposta polo demandante Carlos Fouz González, intervindo o Fogasa, contra a empresa Tero Lago, S.L., debo condenar e condeno á empresa demandada a lle aboar ó demandante a cantidade de 1.728,40 euros polos conceptos reclamados na demanda, máis os xuros legais correspondentes.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida non cabe ningún recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación á empresa Tero Lago, S.L., que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula na Coruña, 12 de abril de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado