Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 20 de maio de 2002 Páx. 7.328

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (840/2001).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño: en autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o número 840/2001 por instancia de Joaquín Buján Gato contra a empresa Servicios A.J.J.E. Coruña, S.L. e Fogasa sobre salarios, dictouse a seguinte sentencia:

Na Coruña, 12 de abril de 2002.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 840/2001, seguidos por instancia de Joaquín Buján Gato, maior de idade, asistido polo letrado José Nogueira Esmorís, contra a empresa Servicios A.J.J.E. Coruña, S.L., que non compareceu en autos; interveu o Fogasa, representado e asistido polo letrado Javier Morado Díaz, sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que estimando a demanda interposta por Joaquín Buján Gato, intervindo o Fogasa, contra a empresa Servicios A.J.J.E. Coruña, S.L., condeno a empresa demandada a aboar ó demandante a cantidade de 2.634,30 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade, co número de conta 5603 clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E así mesmo deberá, no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito, na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación á empresa Servicios A.J.J.E. Coruña, S.L. mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino esta cédula na Coruña o 12 de abril de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado