Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 20 de maio de 2002 Páx. 7.327

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (322/2001).

Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas número 322/2001 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

En Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2002.

En nome de S.M. El-Rei.

Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza de instrucción, tendo visto e oído en xuízo oral e público esta

causa de xuízo de faltas 322/2001, seguida por unha falta de furto, no que foron parte, ademais do Ministerio Fiscal, Clement Constantino Thelen, denunciante e, como denunciado, José Fuentes Raña, pronunciou a seguinte sentencia:

Decido que debo condenar e condeno a José Fuentes Raña, como autor dunha falta de furto do artigo 623.1º do Código penal, á multa de 30 días e cota diaria de 500 pesetas/día (3 euros/día), con responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas non pagadas.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña -Sección 6ª, con sede en Santiago de Compostela-, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Clement Constantino Thelen, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2002.

O secretario

Rubricado