Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 20 de maio de 2002 Páx. 7.327

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CARBALLO

EDICTO (171/2001).

Nos autos de xuízo ordinario nº 171/2001, seguidos neste xulgado por instancia de Manuel Costa Muíño e outros, contra Jesusa Costa Muíño e outros, dictouse con data do 8 de marzo de 2002 a sentencia que contén o encabezamento e decisión que literalmente din:

«Sentencia. En Carballo o 8 de marzo de 2002. Vistos por min, Gloria Martín-Moreno Calcerrada, xuíza de primeira instancia e instrucción dos desta localidade e o seu partido, os autos de xuízo ordinario seguidos baixo o número 171/2001, en virtude de demanda interposta pola procuradora dos tribunais Trigo Castiñeiras, en nome e representación de Manuel, Elvira, Jesús e Manuela Costa Muíño, asistido do letrado Sr. Astray Mariño, contra Jesusa Costa Muíño, Rafael Costa Muíño e Evangelina Calviño Abelenda, representados pola procuradora Sra. Buño Vázquez e asistidos da letrada Sra. Ramos Turnes; María Fortuna Costa Muíño, representada pola procuradora Buño Vázquez e asistida da letrada Sra. Alvedro Aldao; Manuel Veiras Bareito, representado

polo procurador Sr. Chouciño Mourón e asistido do letrado Sr. Blázquez Fragoso; Nieves Costa Muíño, María Costa Calviño, María José Costa Calviño e outros, en situación procesual de rebeldía, vistos os seguintes...

Decido que estimando parcialmente a demanda interposta pola procuradora dos tribunais Trigo Castiñeiras, en nome e representación de Manuel, Elvira, Jesús e Manuela Costa Muíño, asistidos do letrado Sr. Astray Muíño, contra Jesusa Costa Muíño, Rafael Costa Muíño e Evangelina Calviño Abelenda, conformes coa demanda, representados pola procuradora Sra. Buño Vázquez e asistidos da letrada Sra. Ramos Turnes; María Fortuna Costa Muíño, conforme coa demanda, representada pola procuradora Sra. Buño Vázquez e asistida da letrada Sra. Alvedro Aldao, Manuel Veiras Barbeito, representado polo procurador Sr. Chouciño Mourón e asistido do letrado Sr. Blázquez Fragoso, Nieves Costa Muíño, María Costa Muíño, María José Costa Calviño e outros descoñecidos herdeiros de José Costa Muíño, en situación procesual de rebeldía, debo declarar e declaro que Manuel Veiras Barbeito, contador-partidor designado no testamento de María Muíño Mouzo, cesou no seu cargo por expirarlle o seu mandato e tódalas súas

prórrogas, sen facerlle especialmente pronunciamento en canto ás custas.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña, que se é o caso se anunciará perante este xulgado no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación...».

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e para que sirva de notificación en forma os demandados rebeldes Nieves Costa Muíño, herdeiros de José Costa Muíño, e persoas descoñecidas que crean posuír algún dereito nas herdanzas de Ángel Costa Calviño e María Muíño Mouzo, expídese este edicto en Carballo o día tres de abril de dous mil dous.

O secretario xudicial

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA