Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 20 de maio de 2002 Páx. 7.327

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2002 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de socioloxía, do departamento de Socioloxía e Ciencia Política da Administración, a Antonio Álvarez Sousa.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulga-lo concurso que convocou esta universidade por Resolución do 19 de xullo de 2001 (BOE do 17 de agosto), para a provisión da praza número 01/034 de catedrático de universidade da área de coñecemento de socioloxía, do departamento de Socioloxía e Ciencia Política da Administración desta universidade, a favor de Antonio Álvarez Sousa, e unha vez que o interesado acreditara os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Antonio Álvarez Sousa catedrático de universidade da área de coñecemento de socioloxía, do departamento de Socioloxía e Ciencia Política da Administración desta universidade.

A Coruña, 22 de abril de 2002.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE

CARBALLO