Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 20 de maio de 2002 Páx. 7.317

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 15 de abril de 2002 pola que se autoriza a modificación de ensinanzas e o cambio de domicilio por traslado de instalacións ó centro privado Daniel Castelao de Vigo (Pontevedra).

Examinado o expediente presentado polo centro privado Daniel Castelao de Vigo, no que solicita en quenda de mañá: 2 ciclos formativos de grao medio de xestión administrativa, 1 ciclo formativo de grao superior de administración e finanzas, 2 ciclos formativos de grao medio de comercio, 1 ciclo formativo de grao medio de equipos electrónicos de consumo e 1 de ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas; e en quenda de tarde noite: 1 ciclo formativo de grao superior de administración e finanzas, 1 ciclo formativo de grao medio de equipos electrónicos de consumo e 1 ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos. Dado que

este centro conta con autorización na rúa Urzáiz nº 91 de Vigo, solicita o cambio de instalacións para a rúa García Barbón nº 50 baixo, local 1, de Vigo.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4 de outubro), de ordenación xeral do sistema educativo; o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio) polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo; Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG do 31 de xaneiro) pola que se regulan determinados aspectos relativos á autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica; Decreto 296/1999 (DOG do 18 de novembro) polo que se desenvolven determinados aspectos dos currículos dos ciclos formativos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20

de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que desenvolve o antedito decreto.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo cambio de domicilio por traslado de instalacións para a r/ García Barbón nº 50 baixo, local 1, de Vigo, ó centro privado Daniel Castelao.

Segundo.-Autoriza-lo dito centro para poder imparti-los ciclos formativos que se relacionan no anexo desta orde.

Terceiro.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, despois do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro, así como o equipamento adecuado.

Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a

partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo do dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: r/ García Barbón nº 50 baixo, local 1.

Código do centro: 36011853.

Denominación: centro privado Daniel Castelao.

Titular: Cebem FP, S.L.

Ensinanzas que se autorizan:

* Quenda de mañá:-2 ciclos formativos de grao medio de xestión administrativa (2 unidades, 30 alumnos/unidade).-1 ciclo formativo de grao superior de administración e finanzas (2 unidades, 30 alumnos unidade).-2 ciclos formativos de grao medio de comercio (2 unidades, 30 alumnos/unidade).

-1 ciclo formativo de grao medio de equipos electrónicos de consumo (2 unidades, 30 alumnos/unidade).-1 ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas (2 unidades, 30 alumnos/unidade).

* Quenda de tarde-noite:-1 ciclo formativo de grao superior de administración e finanzas (2 unidades, 30 alumnos/unidade).

-1 ciclo formativo de grao medio de equipos electrónicos de consumo (2 unidades, 30 alumnos/unidade).-1 ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos (2 unidades, 30 alumnos/unidade).