A sociedade cooperativa agraria O Incio, S. Coop. Ltda., con domicilio no local da Cámara Agraria, s/n, O Incio (Lugo), e CIF nº F-27040781, por medio deste anuncio e en cumprimento do artigo 78 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, comunica que na asemblea xeral da cooperativa, na reunión do 24-11-2001, acordou fusionarse polo sistema de absorción, coa sociedade cooperativa agraria Lemos, S. Coop. Ltda., resultando ésta última a sociedade absorbente. A cooperativa resultante denominarase Lemos, S. Coop. Galega.
Os acredores terán o dereito a opoñerse nos termos establecidos no artigo 81 da mencionada Lei de cooperativas de Galicia.
O Incio, 30 de marzo de 2002.
José Díaz Fernández
Presidente