Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 16 de maio de 2002 Páx. 7.308

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

LEMOS, S. COOP. LTDA.

ANUNCIO de fusión.

A sociedade cooperativa agraria Lemos, S. Coop. Ltda., con domicilio nas Gándaras, s/n, Monforte de Lemos (Lugo), e CIF nº F-27013739, por medio deste anuncio e en cumprimento do artigo 78 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, comunica que na asemblea xeral da cooperativa, na reunión do 30-11-2001, acordou fusionarse polo sistema de absorción, coa sociedade cooperativa agraria O Incio, S. Coop. Ltda., resultando ésta última a sociedade absorbida. A cooperativa resultante denominarase Lemos, S. Coop. Galega.

Os acredores terán o dereito a opoñerse nos termos establecidos no artigo 81 da mencionada Lei de cooperativas de Galicia.

Monforte de Lemos, 30 de marzo de 2002.

Francisco Javier Losada Prado

Presidente