Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 16 de maio de 2002 Páx. 7.307

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

EMPRESA MUNICIPAL DE AGUAS DE A CORUÑA, S.A.

ANUNCIO.

En cumprimento do principio de publicidade establecido ó abeiro do artigo 302 da Lei 5/1997, da Administración local de Galicia, EMALCSA publica o seguinte anuncio de selección de persoal.

Convocatoria externa para a provisión de catro prazas de operador de planta ó servicio de EMALCSA.

1. Obxecto.

Convócanse as probas selectivas para cubrir dúas prazas de carácter eléctrico e dúas prazas de carácter mecánico segundo o sistema de concurso-oposición.

2. Requisitos mínimos esixidos.

Prazas de carácter eléctrico: estar en posesión do título de formación profesional de primeiro ou segundo grao na rama de electricidade e electrónica, ou do título de técnico ou técnico superior na familia profesional de electricidade e electrónica.

Prazas de carácter mecánico: estar en posesión do título de formación profesional de primeiro ou segundo grao na rama do metal, ou do tiulo de técnico ou técnico superior na familia profesional de fabricación mecánica ou mantemento e servicios á producción.

Estes requisitos deberanse posuír no momento de finaliza-lo prazo de presentación de solicitudes e xustificarse documentalmente.

3. Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

Os interesados que cumpran os requisitos mínimos establecidos e que desexen participar nas probas selectivas poderán consulta-las bases da convocatoria na Secretaría de EMALCSA; rúa Dr. Enrique Hervada 4, 15006 A Coruña, das 9 ás 13 horas de luns a venres.

A presentación das solicitudes farase, segundo o modelo oficial de instancia contido nas bases da convocatoria, xuntando a documentación requirida, nas nosas oficinas, no mesmo enderezo e horario anteriormente indicados, nos 15 días naturais seguintes ó da publicación oficial da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

As bases e os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse unicamente no taboleiro de anuncios das oficinas centrais de EMALCSA.

4. Comezo das probas.

En ningún caso se realizarán antes dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 7 de maio de 2002.

José Antonio Orejón Pajares

Director xerente da Empresa Municipal

de Aguas de A Coruña, S.A.