Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 16 de maio de 2002 Páx. 7.307

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2002 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da implantación do sistema de xestión de procedementos administrativos (SXPA) na Deputación da Coruña, e a súa integración con tódalas aplicacións. (Expediente 2855/2002).

Obxecto: implantación do sistema de xestión de procedementos administrativos (SXPA) Deputación da Coruña e a súa integración con tódalas aplicacións.

Orzamento: 1.400.000 euros (IVE incluído).

Forma de adxudicación: concurso con procedemento aberto.

Garantía provisional: 2% do orzamento do contrato: 28.000 A.

Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: ata as 13 horas do día 24 de xuño de 2002.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 3 de maio de 2002.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervia

Secretario da Deputación Provincial da Coruña