Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 16 de maio de 2002 Páx. 7.308

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XUNTA DE COMPENSACIÓN DO POLÍGONO H 10.02 DA CORUÑA

ANUNCIO.

A Xunta de Compensación do Polígono H10.02, rúa Abegondo, na asemblea xeral que tivo lugar o día 27 de febreiro de 2002, resolveu aprobar inicialmente os proxectos de estatutos e bases de actuación, e o proxecto de compensación do citado polígono (artigo 137 da Lei 1/1997, do solo de Galicia), o que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que, de acordo co previsto nos artigos 133.8º e 102 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, á vista do expediente, poidan formula-las alegacións que coiden pertinentes, durante o prazo de vinte días contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo do Concello da Coruña ou na sede da xunta de compensación (sita na avda. Alfonso Molina, 5, baixo) no horario laboral das 12 ás 14 horas, de luns a venres.

A Coruña, 7 de maio de 2002.

César Pérez Maldonado

Secretario