Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 16 de maio de 2002 Páx. 7.304

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

A Corporación en Pleno deste Concello, en sesión celebrada o día 26 de marzo de 2002, acordou prestar aprobación definitiva ó estudio de detalle presentado por Solvida, S.L. e por Marcelo Radío Esperón, para modificación de aliñacións na rúa Progreso, esquina á rúa dos Cesteiros da vila de Sanxenxo, segundo documentación técnica redactada polo arquitecto José Antonio Sueiro Sueiro, con visado colexial do 17 de outubro de 2001.

Este acordo esgota a vía administrativa e contra el poderá interporse directamente por quen se considere lexitimado o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Non obstante, tamén poderá interpoñerse calquera outro recurso que o interesado considere procedente consonte a dereito, significándose que o artigo 107.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non admite interposición de recursos en vía administrativa contra as disposicións administrativas de carácter xeral.

Sanxenxo, 10 de abril de 2002.

Telmo Martín González

Alcalde