Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 16 de maio de 2002 Páx. 7.304

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEAREAS

ANUNCIO.

Téndose aprobado inicialmente pola Corporación Municipal en sesión levada a cabo o 4 de abril de 2002, o expediente para expropiación dos terreos afectados correspondentes ó proxecto saneamento e abastecemento Moreira-Macadín, zona do Regado da Venda, segundo proxecto técnico redactado polo enxeñeiro técnico municipal, os afectados pola expropiación son os herdeiros de Gabino Porto Bernárdez e de Antonia Fortes Fernández, cunha superficie de expropiación de 160 m, fixándose o prezo total en 3.200 euros; exponse o expediente ó público polo prazo de quince días, para os efectos de reclamacións.

Ponteareas, 5 de abril de 2002.

Mª Nava Castro Domínguez

Alcaldesa