Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 16 de maio de 2002 Páx. 7.303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello de Oleiros tramita expediente para a elección de xuíz de paz titular do Xulgado de Paz de Oleiros (A Coruña).

As persoas interesadas poderán presenta-las súas solicitudes mediante instancia que se presentará no rexistro xeral do concello, das 9 ás 13 horas, durante o prazo de quince días hábiles, contados desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

As condicións legais que deberán requiri-los aspirantes para seren elixidos son:

a) Ser español e maior de idade.

b) Non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade que se relacionan:

-Estar impedido (nin física, nin psiquicamente) para a función xudicial.

-Os condenados por delicto doloso, mentres non obtivesen a rehabilitación.

-Os procesados ou inculpados por delicto doloso, mentres non sexan absoltos ou se dicte acto de sobresemento.

-Os que non esteán en pleno exercicio dos seus dereitos civís.

c) Non estar incurso en causas de incompatibilidade previstas para o desenvolvemento das funcións xudiciais -artigo 389 e seguintes da Lei orgánica do poder xudicial- excepto do exercicio de actividades profesionais ou mercantís.

Estas causas de incompatibilidade operarán con posterioridade ó nomeamento mediante opción que efectuarán as persoas nomeadas para o cargo.

Faise constar que non é preciso ser licenciado en dereito.

Xunto coa instancia deberán presenta-la documentación seguinte:

a) Certificado de nacemento ou fotocopia auténtica do DNI.

b) Certificado expedido polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes e declaración complementaria á que fai referencia o artigo 2 da Lei 68/1960, no seu punto 1 a), referente a se se atopa inculpado ou procesado.

c) Xustificación de méritos que alegue o solicitante.

Vixencia do nomeamento: catro (4) anos.

Oleiros, 30 de abril de 2002.

Esther Pita Pita

Alcaldesa