Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 16 de maio de 2002 Páx. 7.304

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO.

Esta alcaldía, en uso das atribucións que lle confire a lei, aprobou inicialmente mediante decreto do día 3-4-2002, o estudio de detalle da rúa do Foxo for

mulado de oficio por este concello e elaborado pola súa oficina de planeamento e xestión.

En cumprimento do que dispón a Lei do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o dito prazo, o expediente atópase de manifesto no servicio de Urbanismo do concello para os efectos de posibles alegacións ou reclamacións.

Verín, 3 de abril de 2002.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde