Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 16 de maio de 2002 Páx. 7.302

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONTERROSO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Monterroso.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración dunha máquina fotocopiadora.

b) Lugar de entrega: Casa do Concello de Monterroso.

c) Prazo de entrega: quince días contados desde o seguinte ó da formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 6.010,12 euros.

5. Garantías.

a) Provisional: 120,20 euros.

b) Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Concello de Monterroso-praza de Galicia, 1, Monterroso (Lugo). Teléfono: 982 37 70 01. Fax: 982 37 76 17.

a) Data límite para obtela: ata que remate o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: acreditaranse polos medios que se establecen na base 10.3) do prego.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Lugo, tomando como data para o comezo do cómputo o seguinte ó da última publicación que se produza.

b) Documentación que integrará as ofertas:

As proposicións presentaranse en dous sobres pechados:

-Sobre A: subtitulado «Oferta económica», segundo o modelo que se establece na base 22ª do prego. Neste sobre incluirase, ademais, a documentación que se establece na cláusula 10.2.a) do prego.

-Sobre B: «documentación xeral»: a comprendida na base 10.2.b) do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Monterroso. Praza de Galicia número 1. C.P. 27560 Monterroso (Lugo).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mantela oferta: un mes contado desde a data en que remate o prazo de presentación das ofertas.

e) Admisión de variantes: admítense a presentación de variantes en relación coas especificacións técnicas. As variantes ofertadas deberán formularse de conformidade con canto se establece na base 12ª do prego.

f) Criterios de adxudicación: o baremo que se vai aplicar é o establecido na cláusula 12ª do prego.

9. Apertura de ofertas: na Casa do Concello de Monterroso o quinto día hábil seguinte a aquel que remate o prazo de presentación, ás doce horas.

10. Gastos de anuncios: será por conta do adxudicatario o aboamento de cantos anuncios se publiquen con ocasión deste contrato.

Monterroso, 6 de maio de 2002.

Antonio Edelmiro Gato Soengas

Alcalde-presidente