Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 16 de maio de 2002 Páx. 7.303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MORAÑA

EDICTO.

Aprobado inicialmente por Decreto da Alcaldía do 9 de maio de 2002, o Plan parcial do polígono industrial de Mirallos, redactado pola empresa O.FP.-90, S.L., e de conformidade co disposto no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes, computándose o dito período desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que as persoas interesadas poidan examina-lo seu contido nas oficinas xerais, e presenta-las alegacións ou observacións que coiden convenientes.

Moraña, 9 de maio de 2002.

José A. Eiras Paz

Alcalde