Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 16 de maio de 2002 Páx. 7.302

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do 4 de abril de 2002, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipais para apertura de rúa en Virxe Mareas deste concello.

O que se fai público significando que, contra o acordo citado, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, deberá comunicárselle previamente a esta Administración municipal o propósito de interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo.

O Grove, 16 de abril de 2002.

Miguel Ángel Pérez García

Alcalde