Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 16 de maio de 2002 Páx. 7.300

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO.

Convocatoria de concurso con procedemento aberto e tramitación urxente, da obra da Casa da Cultura de San Cibrao, Concello de Cervo, fase 1.

Aprobado polo Concello Pleno en sesión do 10 de abril de 2002, o prego de cláusulas administrativas que rexerá a contratación da obra da Casa

da Cultura de San Cibrao, concello de Cervo, fase 1, polo procedemento aberto, forma de adxudicación concurso e tramitación urxente, con reducción de prazos, exponse ó público na secretaría deste concello polo prazo de 8 días hábiles para efectos de exame e reclamacións, de acordo co disposto no artigo 122 do R.D. 781/1986, do 18 de abril, simultaneamente anúnciase o concurso de referencia, se ben a licitación se adiará no suposto de que formulen reclamacións contra o prego de cláusulas administrativas ata que as resolva a corporación.

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Cervo, praza do Concello, 27891 Cervo (Lugo). Teléfono: 982 55 77 77. Fax: 982 55 77 29. Lugar onde se pode obter maior información.

a) Dependencia que tramita o expediente: secretaría do concello, onde poderán obter copia do prego de condicións e demais información que compón o expediente.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto:

Constitúe o obxecto do contrato a realización das obras da Casa da Cultura de San Cibrao, concello de Cervo, fase 1, conforme o proxecto redactado para o efecto.

A obra consiste na execución de toda a estructura do edificio incluíndo acabamentos e instalacións das plantas superiores así como equipamento de mobiliario externo á obra nas plantas superiores.

As empresas interesadas en participar neste concurso deberán someterse desde o punto de vista técnico ó proxecto de referencia.

b) Lugar de execución: localidade de San Cibrao (Cervo).

c) Prazo de execución: as obras deberán ser executadas, como mínimo, de acordo co calendario de xustificación establecido nos convenios asinados e polos que se conceden as axudas económicas para esta obra.

En particular, as obras deberán estar executadas e certificadas, na contía anual que corresponda, antes do día 1 de outubro de cada exercicio económico.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente, segundo o acordo corporativo.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O orzamento do contrato que servirá de base de licitación ascende a un total de 811.514,20 A IVE, demais impostos, anuncios e gastos incluídos.

Asemade, será de conta da entidade adxudicataria, tanto o custo do cartel anunciador da obra, como o importe do correspondente control de calidade da execución das obras que será levado por empresa suficientemente capacitada e independente.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% tipo de licitación.

b) Definitiva: 4% do orzamento do contrato.

6. Requisitos.

Clasificación: a clasificación mínima esixida para esta contratación será: grupo C, tódolos subgrupos; grupo K, subgrupo 1 e 2; categoría E.

A solvencia económica, financeira e técnica acreditarase de conformidade co establecido nos artigos 16 e 17 do TRLCAP aprobado por Real decreto lexislativo 2/2000.

7. Criterio que servirá de base para a adxudicación.

Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, ponderando sobre un tope de 10 puntos, serán os seguintes:

-Prazo de execución das obras. Ponderado ata 4 puntos, significando que se valorará neste parágrafo o feito de que a anticipación das obras se refire, non a cada unha das anualidades, senón ó investimento total.

-Maiores unidades de obra e mobiliario a cargo e conta do adxudicatario valoradas e prezos de execución material. Ponderando ata 4 puntos.

-Menor prezo ofertado. Ponderado ata 1 punto.

-Superior clasificación da esixida. Ponderado ata 1 punto.

8. Presentación de ofertas.

a) As ofertas presentaranse no Concello de Cervo, en man, das 9 ás 14 horas, dentro dos 13 días naturais seguintes ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: figura descrita na cláusula décimo primeira do prego de condicións.

9. Clasificación de documentación e apertura de plicas: terá lugar no salón de actos da Comisión de Goberno, ás 17 horas do segundo día hábil seguinte ó de remate do prazo para presentar proposicións. Se coincide con sábado trasladarase ó luns seguinte.

10. Gastos a cargo do adxudicatario.

Tódolos gastos serán a cargo do adxudicatario, segundo se desprende da cláusula 17 do prego de cláusulas.

Cervo, 10 de maio de 2002.

José Insua Pernas

Alcalde