Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 16 de maio de 2002 Páx. 7.301

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PDU-8/2001).

A Comisión Municipal de Gobierno, en sesión realizada o día 5 de abril de 2002 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do polígono H3.02, San Amaro, suxeito ás seguintes condicións:

-Antes de asina-la acta de comprobación de replanteo xuntarán o plan de obra correspondente á execución das obras de urbanización e o proxecto de iluminación pública.

-Na execución das obras de urbanización teranse en conta tódalas consideracións mencionadas no informe do enxeñeiro de camiños municipal, do 17 de outubro de 2001, conectando axeitamente á vía de nova apertura coa rúa do Parque, rúa Santo Tomás e rúa San Fernando.

Segundo.-Notificar a Vallehermoso División Promoción SAU.

Terceiro.-Ordena-la publicación deste acordo na forma legalmente prevista.

Cuarto.-Contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

O que se publica para xeral coñecemento e para produci-los efectos previstos neste acordo.

A Coruña, 10 de abril de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo