Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 16 de maio de 2002 Páx. 7.299

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO.

Por decreto de Alcaldía 150/2002, con data do 27 de marzo de 2002, adoptouse o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización redactado polo arquitecto José Antonio Vázquez Rodríguez, colexiado nº 2009, e promovido por Luis Cordero Ramos, en representación da sociedade Corinsua Promociones, S.L., para o desenvolvemento, no lugar de Moruxo, parroquia do mesmo

nome, do estudio de detalle aprobado polo Pleno municipal en sesión do 8 de novembro de 2001.

Segundo.-Considerando a conveniencia para os intereses municipais, autorízase a sociedade Corinsua Promociones, S.L., para executa-las obras de urbanización incluídas no proxecto ó que se refire o punto primeiro; garantíndose a súa execución mediante a presentación dunha garantía polo importe total do orzamento da execución material, que é de 154.565,26 euros, que se ingresarán na Tesourería municipal no prazo dun mes a partir da notificación desta resolución; queda condicionada a eficacia do acordo de aprobación definitiva á presentación desta garantía.

Terceiro.-Antes do inicio das obras efectuarase o replanteo delas en coordinación cos servicios técnicos municipais; débeselles comunicar ós citados servicios o inicio e finalización das obras incluídas no proxecto de urbanización.

Cuarto.-Publicar este acordo no BOP e no DOG e notificárllelo ós interesados en forma legal.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste acordo. Previa e potestativamente, poderase interpoñer recurso de reposición, ante o órgano que dictou o acordo, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da devandita publicación.

Tamén se poderá interpoñe-lo recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no punto 2º do mesmo artigo 118. Todo isto sen prexuízo do dereito dos interesados a formularen a solicitude e a instancia ás que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da devandita lei.

Bergondo, 27 de marzo de 2002.

José Fernández Ramos

Alcalde-presidente