Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 16 de maio de 2002 Páx. 7.298

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

ANUNCIO sobre convocatoria de concurso.

Ó abeiro do disposto na disposición adicional segunda do Decreto 360/1998, do 4 de decembro, en relación co establecido no capítulo IV do III Convenio único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, anúnciase que están á disposición dos interesados nas dependencias do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC), sito na rúa Ramón Piñeiro, nº 27, Santiago de Compostela; teléfono 981 54 16 14, 981 54 13 37, as bases da convocatoria do concurso de traslados para o persoal integrado no citado centro.

Gonzalo Gómez Móntaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión

Tributaria Económico-Finaceira e Contable