Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 16 de maio de 2002 Páx. 7.298

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2002 pola que se anuncia concurso público para a subministración de tres vehículos para o Consello Consultivo de Galicia.

Obxecto: adquisición de tres vehículos clase A para o servicio do Consello Consultivo de Galicia.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso público.

Orzamento base de licitación: 108.182 euros, IVE incluído.

División por lotes e número.

Lote I: un vehículo de prezo unitario 41.182 euros e entrega dun vehículo usado.

Lote II: dous vehículos de prezo unitario 33.500 euros e entrega de dous vehículos usados.

Prazo de execución: 2 meses.

Clasificación que se esixe: non se esixe clasificación.

Garantía provisional: 2% do importe de licitación.

Obtención de documentación e información: Servicio de Xestión Económica e Habilitación do Consello Consultivo de Galicia, sito na Algalia de Abaixo, nº 24, 15704 Santiago de Compostela, os días e horas hábiles de oficina durante o prazo de presentación das ofertas.

Data límite de obtención de documentación e información: o día do remate do prazo de presentación de ofertas.

Data límite para a presentación das ofertas: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de bases.

Lugar de presentación: no rexistro xeral do Consello Consultivo de Galicia, sito na Algalia de Abaixo, nº 24, 15704 Santiago de Compostela, ou por correo, segundo o previsto no artigo 80 do Regulamento de contratación xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

Apertura das proposicións: será realizada pola mesa de contratación reunida para tal efecto en acto público na sala de xuntas do Consello Consultivo de Galicia, ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación das proposicións.

Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2002.

P.D. (Resolución 20-1-1997)

Juan José Gallego Fouz

Secretario xeral do Consello Consultivo de Galicia