Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 16 de maio de 2002 Páx. 7.297

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio consistente na organización dunha colonia infantil de verán para os fillos dos asegurados ó Réxime Especial do Mar na provincia de Pontevedra.

De conformidade co establecido na Orde do 19 de decembro de 2001, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Asuntos Sociais.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso público, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio consistente na organización dunha colonia infantil de verán para os fillos dos asegurados ó Réxime Especial do Mar na provincia de Pontevedra.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: delegación provincial de Asuntos Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 2ª planta.

c) Nº de expediente: 21/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: organización dunha colonia infantil de verán para os fillos dos asegurados ó Réxime Especial do Mar na provincia de Pontevedra.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: no territorio nacional.

d) Data: do 1 ó 15 de xullo de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 43.000,00 euros (corenta e tres mil euros).

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: a documentación e información proporcionarase na Delegación Provincial de Asuntos Sociais de Pontevedra.

b) Domicilio: rúa Concepción Arenal, nº 8, 2ª planta.

c) Localidad e código postal: Vigo, 36201.

d) Teléfono: 986 81 72 12 e 986 81 72 99.

e) Fax: 986 81 72 01.

f) Data límite de obtención de documentos e información: tódolos días laborables excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas, ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: acreditarase en calquera dos medios previstos nos artigos 16 e 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: no prazo de 8 días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a data límite será o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no punto nº 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: rexistro xeral da Delegación Provincial de Asuntos Sociais de Pontevedra.

2º Domicilio: rúa Concepción Arenal, nº 8.

3º Localidade e código postal: Vigo, 36201.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten variantes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: delegación provincial de Asuntos Sociais.

b) Domicilio: rúa Concepción Arenal, nº 8, 2ª planta.

c) Localidade: Vigo.

d) Data: décimo día natural seguinte ó do final do prazo de presentación de propostas.

e) Hora: 10 horas.

10. Outras informacións: non.

11. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Vigo, 29 de abril de 2002.

P.D. (Orde 19-12-2001)

Lucía Molares Pérez

Delegada provincial da Consellería de Asuntos Sociais

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA,

ECONÓMICO-FINANCEIRA

E CONTABLE