Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 16 de maio de 2002 Páx. 7.296

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 19 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación do expediente sancionador OU-040/02C, por infracción da Lei de caza.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás personas que nos anexos se mencionan a incoación de expediente sancionador por presuntas infraccións á Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia (DOG nº 33 do 11 de xullo).

Noméase instructora dos expedientes a Miriam Areal López, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, 18-5º, e achega-las alegacións, documentos e informacións que consideren convenientes na súa defensa, e, se

é o caso, facer proposta de probas concretando os medios de que pretenden valerse.

De non efectuaren alegacións no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Ourense, 19 de abril de 2002.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

-Expediente: OU 040/02C.-Denunciado: Camilo Rodríguez Rodríguez.-DNI: 34970814.-Derradeiro enderezo coñecido: Vilar de Condes, Carballeda de Avia. Ourense.-Feito denunciado: transportar no vehículo marca Citroën, modelo Berlingo, matrícula OU-1537-V unha escopeta marca PR, calibre 12, paralela, número 154166, montada e desenfundada, aínda que descargada.-Precepto infrinxido e sancionador: artículo 57.33º da Lei de caza de Galicia.-Cualificación da infracción: leve.-Sanción: multa de 60,10 euros (10.000 pesetas).-Instructora: Miriam Areal López.