Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 16 de maio de 2002 Páx. 7.292

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente, se declara de utilidade pública e se aproba o proxecto de execución da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 220 kV desde a subestación de Pazos de Borbén á L.A.T. Atios-Mos, nos termos municipais de Pazos de Borbén, Redondela e Mos, provincia de Pontevedra. (Expediente IN407A 00/31-4).

Examinado o expediente instruído por pedimento da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., con enderezo para efectos de notificación en avda. de Arteixo 171; 15007 A Coruña, resultan os seguintes antecedentes de feito:

Primeiro.-Con data do 3 de febreiro de 2000 a citada empresa solicita a autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública da citada instalación; presenta o preceptivo proxecto de instalacións a que fan referencia os artigos 8 e 12 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina o artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

-Liña de alta tensión aérea a 220 kV de 8.471 m, en conductor LA-455 Condor en dobre circuíto de 454,5 mm de sección de conductor e cable de fibra óptica/terra OPGW de 64 fibras, con orixe na subestación de Pazos de Borbén ata o van 39-40 da L.A.T. Atios-Mos, concellos de Pazos de Borbén, Redondela e Mos (Pontevedra).

Segundo.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra someteu o citado proxecto de instalacións, xunto coa relación de bens e dereitos afectados, a trámite de información pública mediante Resolución do 9 de febreiro de 2000, publicada no xornal Faro de Vigo do 7 de marzo, BOP de Pontevedra do 17 de marzo e no DOG do 23 de marzo de 2000, nos taboleiros de anuncios dos concellos de Pazos de Borbén, Redondela, Mos e na Delegación Provincial de Pontevedra; así mesmo, a delegación provincial notificou individualmente a mencionada solicitude a cada un dos interesados que figuran na dita relación; no caso de titulares descoñecidos ou de enderezo ignorado deu traslado das actuacións ó Ministerio Fiscal.

Separadamente presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan a bens, instalacións, obras ou servicios, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, se é o caso, establecesen o condicionado procedente.

Terceiro.-Con data do 8 de novembro de 2001 a citada empresa solicita a autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública do modificado nº 1 da citada instalación, motivado pola variante proposta polas comunidades de montes de Mos e Louredo, ámbalas dúas no termo municipal de Mos, coincidente coa alternativa A desde o entroncamento coa L.A.T. Atios/Mos (apoio nº 42 bis), para unila de novo coa alternativa C no límite do concello de Mos co de Redondela, resultando o modificado nº 1 como un novo proxecto formado por parte das alternativas A e C.

Cuarto.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra someteu o citado modificado nº 1 do proxecto de instalacións, xunto coa relación de bens e dereitos afectados, a trámite de información pública mediante Resolución do 14 de novembro de 2001, publicada no xornal Faro de Vigo do 24 de novembro, BOE do 27 de novembro, no DOG do 29 de novembro de 2001 e no BOP de Pontevedra do 17 de xaneiro de 2002, nos taboleiros de anuncios dos concellos de Pazos de Borbén, Redondela, Mos e na Delegación Provincial de Pontevedra; así mesmo a delegación provincial notificou individualmente a mencionada solicitude a cada un dos interesados que figuran na dita relación; no caso de titulares descoñecidos ou de enderezo ignorado deu traslado das actuacións ó Ministerio Fiscal.

Separadamente presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan a bens, instalacións, obras ou servicios, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, se é o caso, establecesen o condicionado procedente.

Terceiro.-Durante o período en que se someteu a trámite de información pública formuláronse as seguintes alegacións:

1. Andrés Couñago Laxe, vicepresidente de Montes Comunais en Man Común da Asociación Forestal de Galicia, en representación da comunidades asociadas de Quintela, Louredo e Mos, alega o seguinte:

-Os montes veciñais en man común só se poderán expropiar se se declara a citada instalación eléctrica como de utilidade pública prevalente á dos propios montes veciñais.

-O trazado será aquel que faga mínimo o prexuízo ós montes.

-A instalación da liña dá lugar a un impacto ambiental importante.

-O trazado proposto polo promotor é o que máis dano e prexuízos causa ós montes veciñais.

-Por todo o que antecede, propóñense dúas alternativas: variante trazado A (de preferencia prioritaria) cunha lonxitude de 10,8 km, variante trazado B cunha lonxitude de 10,8 km.

2. Eudosia Campos González manifesta que o trazado elixido polo promotor lle supón un gran prexuízo, que existen outras alternativas para que non saian prexudicados sempre os mesmos, pide que se lle aboe prezo xusto ó tempo que sinala que non está de acordo co proxecto.

3. Antonio Martínez Bernárdez manifesta a súa oposición ó proxecto, por entender que o trazado non é o máis axeitado, en caso de que non se poida despraza-la liña que se faga subterránea, e que se teña en conta o gran rendemento madeireiro da propiedade á hora de expropiar.

4. Celina Pérez Portela, propietaria da parcela nº 28, manifesta que a información relativa á afección é deficiente, que no citado predio existe o seguinte arboredo: 25 eucaliptos e máis de 100 varas de eucalipto, e reitera a necesidade da presencia de persoal técnico cualificado na parcela nº 28, co obxecto de comproba-los datos achegados pola alegante.

5. O Concello de Redondela, en Pleno que tivo lugar o 28 de setembro de 2000, acordou por unanimidade apoia-las alegacións formuladas pola comunidade de montes de Quintela e a Asociación de Veciños de Eidos de Quintela, na que manifestan a súa oposición á citada liña así como a novas liñas agás que sexan para mellora da subministración eléctrica da parroquia; solicitan un estudio de impacto ambiental e de radioactividade ó concello ou ó órgano administrativo que corresponda, anulación do proxecto actual e que se realice o trazado AV2 recomendado pola Consellería de Medio Ambiente, esixirlle ó promotor que cumpra as directivas comunitarias, no sentido de realizar galerías subterráneas polas que deben discorre-las liñas de alta, media e baixa tensión.

6. Os presidentes das comunidades de monte veciñal das parroquias de Quintela e Saxamonde (Redondela), opóñense ó trazado actual da liña, debido a que o nivel de servidumes imposto nos últimos anos se reduciu a superficie de monte veciñal; solicitan unha variante pegada ó gasoducto ou enterrada, e que afecte o menor monte posible, e solicitan os futuros plans de Fenosa que lles poidan afectar nos vindeiros anos.

7. O presidente da Comunidade de Montes en Man Común de Saxamonde formula as seguintes alegacións:

-O monte xa se encontra afectado de distintas servidumes de liñas eléctricas ademais do gasoducto Vilalba-Tui e o oleoducto A Coruña-Vigo, polo que unha nova servidume de afección de 30 m dividiría o monte en contra dos criterios de protección ambiental do Plan Forestal de Galicia. O citado monte foi cualificado polo Plan Forestal de Galicia como un

monte periurbano, incluído na Rede espacios sensibles, que deberá ser obxecto dunha planificación específica baseada en criterios de protección ambiental e servicio social.

-A Consellería de Medio Ambiente, con data do 21 de setembro de 1999, emite informe desfavorable do trazado da citada liña, propoñendo dúas variantes alternativas.

-Os montes veciñais en man común só se poderán expropiarse se se declara a citada instalación eléctrica como de utilidade pública prevalente á dos propios montes veciñais.

-A autorización administrativa e declaración de utilidade pública dun proxecto sobre o que existe un informe desfavorable da Consellería de Medio Ambiente con proposición de trazados alternativos ambientalmente viables, sería unha mostra palmaria de arbitrariedade expresamente prohibida pola Constitución.

8. As comunidades de montes de Quintela, Saxamonde, Louredo e Mos reiteran tódalas alegacións xa presentadas anteriormente.

Durante o período en que se someteu a trámite de información pública o proxecto modificado, formuláronse as seguintes alegacións:

-O presidente da Comunidade de Montes en Man Común de Saxamonde solicita que se manteña a traza inicial.

As alegacións ó estudio de impacto ambiental foron recollidas na declaración de impacto ambiental.

As alegacións foron remitidas á empresa beneficiaria para a súa contestación, facilitando esta as informacións adicionais.

Cuarto.-A solicitude obxecto deste expediente recibiu informe favorable da Delegación Provincial de Pontevedra.

Quinto.-O 18 de abril de 2002, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental da citada liña.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, nos seus artigos 5 e 6.

Terceiro.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a elas por parte da empresa pro

motora, e o resto da documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

1. Non se toman en consideración as alegacións referidas á valoración da afección das parcelas, por non ser obxecto desta fase do expediente. Corresponde esta valoración á fase de prezo xusto.

2. Con respecto ás alegacións referidas a posibles erros na determinación de servidumes así como na natureza dos terreos afectados, estas tomaranse en consideración cando se proceda ó levantamento de actas de ocupación incluíndose na correspondente folla de valoración.

3. Non entramos a valora-las alegacións formuladas polas comunidades de montes de Quintela, Saxamonde, Louredo e Mos, por ter alcanzado un acordo amigable co promotor.

4. Non podemos acepta-la alegación de Eudosia Campos González; en relación co cambio de trazado, obsérvase o disposto no artigo 4 do Regulamento de liñas eléctricas aéreas de alta tensión, aprobado polo Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, segundo o cal as liñas eléctricas se estudiarán seguindo o trazado que considere máis conveniente o autor do proxecto no seu intento de logra-la solución óptima para o conxunto da instalación.

5. En relación coa alegación formulada por Antonio Martínez Bernárdez, o trazado da liña subterránea non é procedente ó non cumpri-lo indicado no punto 3º do artigo 26 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sobre limitacións de imposición de servidume de paso e, en concreto, cando o custo da variante sexa superior ó 10% do orzamento da parte da liña afectada na dita variante.

Cuarto.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que lle atribúen os artigos 11 e 14 do Decreto 2617/1966.

RESOLVE:

1. Autoriza-la liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 220 kV, desde sub. Pazos de Borbén á L.A.T. Atios-Mos, nos termos municipais de Pazos de Borbén, Redondela e Mos (Pontevedra).

2. Aproba-lo proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

3. Declara-la utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica, o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados, e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas