Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: desvío inst. electr. L.M.T. Becerreá- O Corgo (apoios 116-117).
Situación: Becerreá.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV, con lonxitude de 0,085 km, con orixe na L.M.T. Gomeán-Becerreá, conductor tipo R.H.V. e final na L.M.T. Gomeán-Becerreá.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Lugo, 11 de abril de 2002.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo