Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 16 de maio de 2002 Páx. 7.269

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (67/2001).

Eu, Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, dou fe de que nos autos de acollemento familiar que se seguen neste xulgado co número 67/2001, se acordou, por Resolución do 12 de abril de 2002, a citación de Juan Pérez Iglesias mediante a publicación da seguinte cédula de citación:

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, nos autos de proposta de acollemento familiar número 67/2001, que se seguen neste xulgado, acordouse citar a Juan Pérez Iglesias, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día 30 de maio de 2002, ás 10 horas, compareza neste xulgado para a práctica de dilixencias, prevíndoo de que, de non o verificar, recaerán sobre el os prexuízos a que houber lugar en dereito.

A Coruña, 12 de abril de 2002.

A secretaria

Rubricado