Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 16 de maio de 2002 Páx. 7.270

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (953/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 953/2001, por instancia de Julio Fernández Pérez contra a empresa Urproman, S.L., sobre despedimento, nos que recaeu sentencia en data 14-3-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido que, estimando a demanda promovida por Julio Fernández Pérez contra a empresa Urproman, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ó demandante, condenando a demandada a que no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, opte entre a inmediata readmisión do traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou o aboamento da cantidade de 1.212,12 euros (201.679 pesetas) en concepto de indemnización, e o aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, a razón de 33,21 euros (5.526 pesetas) diarias.

Así, por esta miña sentencia, contra a que poderá recorrerse en suplicación perante a Sala Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado, desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba diante deste Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco Bilbao-Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número 5.605, clave 60, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberase consignar, ademais, a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta, clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó tempo de interpoñe-

lo recurso, declarándose desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa Urproman, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, 10 de abril de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado