Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 16 de maio de 2002 Páx. 7.269

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (13/2002).

Eu, Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, certifico que nos autos seguidos neste xulgado por instancia de Marina Susana Seijas Paz, contra Andrés Blanco Díaz, sobre demanda de divorcio número 13/2002, se dictou o seguinte edicto:

Cédula de emprazamento:

En virtude da resolución dictada con esta data por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado-xuíz de Primeira Instancia número dez dos da Coruña e o seu partido, coñecendo en autos de divorcio seguidos neste xulgado co número 13/2002, por instancia de Marina Susana Seijas Paz, representada pola procuradora Sara Losa Romero, por medio desta cédula e con entrega das oportunas copias da demanda e dos documentos que se lle xuntan, confíreselle traslado e emprázase a demandada que se dirá para que, no improrrogable prazo de vinte días, compareza en autos, por medio de avogado e procurador, e conteste a demanda, e propoña, de se-lo caso, reconvención, baixo apercibimento de ser declarada en rebeldía e de non lle facer máis notificacións que as sinaladas na lei.

E para que conste, e lle sirva de emprazamento á parte demandada, Andrés Blanco Díaz, expido esta cédula na Coruña, 9 de abril de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado