Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 16 de maio de 2002 Páx. 7.223

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo para o persoal laboral do sector sanitario de Galicia xestionado por fundacións públicas sanitarias ou empresas públicas.

Visto o texto do convenio colectivo de ámbito autonómico para o sector de actividade de asistencia sanitaria, tanto hospitalaria como extrahospitalaria, prestada nas institucións sanitarias de titularidade pública baixo a modalidade xurídica de fundacións ou sociedades públicas autonómicas, sometidas ó protectorado da Consellería de Sanidade, que se suscribiu, con data 22 de abril de 2002, dunha parte entre os representantes do protectorado exercido pola Consellería de Sanidade e polos representantes das fundacións e empresas incluídas no seu ámbito de aplicación, e doutra polas organizacións sindicais CC.OO., UGT, CIG, CSI-CSIF, SATSE e USO, (código de convenio nº 8200695), e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se apro

ba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

Convenio colectivo para o sector de actividade de asistencia sanitaria, tanto hospitalaria como extrahospitalaria, prestada nas institucións sanitarias de titularidade pública baixo a modalidade xurídica de

fundacións ou sociedades públicas autonómicas, sometidas ó protectorado da Consellería de Sanidade.

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio por sector de actividade regula as condicións de traballo do persoal que con vínculo laboral, indefinido ou temporal, presta servicios nas fundacións constituídas pola Comunidade Autónoma de Galicia, ou sociedades públicas autonómicas, con actividade sanitaria tanto hospitalaria como extrahospitalaria. Neste momento é de aplicación ás fundacións e empresas públicas seguintes:

Fundación Instituto Galego de Oftalmoloxía.

Fundación Pública Hospital Comarcal do Salnés.

Fundación Pública Hospital da Barbanza.

Fundación Hospital de Verín.

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061.

Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira.

Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A.

Exclúese o persoal vinculado mediante contrato de alta dirección que se regulará polas disposicións legais de carácter especial.

Poderán adherirse a este convenio aquelas outras fundacións de titularidade pública que, aínda que non realizan de xeito directo actividade sanitaria, desenvolven unha actividade análoga ou complementaria dela; xa estean constituídas e en funcionamento neste momento ou o fagan no futuro.

Para a citada adhesión requirirase un proceso negociador que se levara a cabo, de se tratar de entidades con convenio colectivo vixente, unha vez rematada a súa vixencia; de non existir convenio colectivo propio, a adhesión poderá producirse en calquera momento.

Artigo 2º.-Vixencia e denuncia.

1. O convenio entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2003.

2. Sen prexuízo do establecido no punto anterior, os efectos económicos previstos no anexo I do presente convenio retrotraeranse á data do 1 de xullo de 2001.

3. O convenio prorrogarase automaticamente cando non sexa denunciado por calquera das partes, por escrito, dentro dos dous meses anteriores ó remate da súa vixencia. No caso de producirse a denuncia, permanecerá vixente o seu contido normativo ata a súa substitución por un novo convenio. A comisión negociadora deste deberá constituírse no prazo de 30 días desde a dita denuncia. De producirse a prórroga automática deste convenio as contías salariais previstas nos anexos retributivos serán incre

mentadas conforme se dispoña na Lei anual de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. No suposto de que a xurisdicción social declare a nulidade de parte do seu articulado, as partes procederán á súa renegociación, baixo o principio de que a dita nulidade non supón a da totalidade do convenio.

Artigo 3º.-Compensación e absorción.

As condicións establecidas neste convenio compensarán e absorberán as vixentes no momento da súa entrada en vigor, tanto resultantes de pacto individual como colectivo.

A. O complemento de compensación percibirase segundo o establecido no artigo 28º.1.4 e 1º.5 deste convenio.

B. O complemento de compensación será absorbido por calquera mellora retributiva que se produza, incluso as derivadas do cambio de posto de traballo, sempre que as devanditas melloras retributivas non deriven dos incrementos retributivos anuais que, con carácter xeral, establezan as correpondentes leis de orzamentos anuais da Comunidade Autónoma.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Unicamente poderán pactarse condicións individuais máis beneficiosas, estrictamente ad personam, cando veñan xustificadas pola organización do traballo e as condicións particulares de prestación do servicio non previstas neste convenio.

Artigo 5º.-Comisión paritaria.

Créase unha comisión paritaria de vixilancia, control e interpretación do convenio que para os efectos pretendidos realizará tódalas funcións inherentes a este triple cometido. A comisión estará composta por quince membros de cada unha das partes, e deberá contituírse no prazo dun mes contado a partir da entrada en vigor do presente convenio.

A comisión reunirase con carácter ordinario polo menos unha vez cada dous meses e, con carácter extraordinario, cando o soliciten un mínimo de oito membros de calquera das partes. Neste caso a reunión terá lugar nun prazo non superior a 15 días desde a dita solicitude.

Os acordos da comisión adoptaranse por maioría superior ó 50 por 100 dos membros de cada unha das partes, e serán recollidos en acta, dándoselle-la debida publicidade nos taboleiros de anuncios das institucións incluídas no ámbito de aplicación do convenio. De considerarse necesario pola súa transcendencia, poderase aproba-la publicidade dos acordos no Diario Oficial de Galicia.

As partes recoñecen a comisión paritaria como instancia previa na que haberá de procurarse, en primeiro termo, a solución dos conflictos colectivos que xurdan sobre a interpretación e aplicación do convenio.

En consecuencia, as controversias desta natureza que suscite calquera das partes deberán ser sometidas inicialmente ó coñecemento da comisión.

Os acordos, nestes supostos, adoptaranse por maioría de 2/3 de cada unha das partes e serán vinculantes, coa conseguinte resolución da controversia, sen que caiba, polo tanto, o exercicio de ningunha acción xudicial.

Artigo 6º.-Solución extraxudicial de conflictos colectivos.

Unha vez esgotada a vía prevista no artigo anterior, as partes poderán acordar, por unanimidade, acudir ó procedemento recollido no Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo (AGA).

Excepcionalmente, así mesmo por unanimidade, poderanse designar outro/s mediador/es de alta cualificación, cando as características, especial complexidade ou singularidade da controversia que se suscite así o aconsellen.

Para acudir á solución xudicial do conflicto será preciso acredita-la previa intervención, debidamente certificada, da comisión paritaria.

Capítulo II

Organización do traballo

Artigo 7º.-Organización do traballo.

A actividade prestacional propia das institucións sanitarias está dirixida de xeito directo ou indirecto a garanti-lo dereito universal á protección da saúde consagrado no artigo 43 da Constitución española e, como o seu corolario, a dispensar, en todo momento e ocasión, unha axeitada asistencia sanitaria. Así, a organización do traballo inherente ó exercicio e desenvolvemento daquela compete como facultade e deber irrenunciables, ás direccións dos centros sanitarios. Non obstante o exercicio desta competencia deberá cohonestarse adecuadamente cos dereitos de audiencia, consulta, información e negociación colectiva recoñecidos ós representantes dos traballadores.

Se como consecuencia desas facultades-deberes de carácter organizativo e, por ende, da ordenación das condicións de traballo do persoal se produce afectación substancial delas nos termos do artigo 41 do Estatuto dos traballadores, será negociada cos comités de empresa no ámbito das institucións afectadas.

Así, a modificación de carácter colectivo das condicións recollidas neste convenio en materia de horario, réxime de traballo a quendas, sistema retributivo e sistema de traballo e rendemento, só poderán producirse por acordo entre a empresa e os representantes dos traballadores. Non será necesario o acordo nos termos do punto 4º do artigo 41 do Estatuto dos traballadores cando as modificacións de traballo en cada empresa afecten nun período de 90 días a un número de traballadores inferior a:

a) Dez traballadores nas empresas que ocupen menos de cen traballadores.

b) O dez por cento do número de traballadores da empresa naquelas que ocupen entre cen e trescentos traballadores.

c) Trinta traballadores, nas empresas que ocupen trescentos ou máis traballadores.

Artigo 8º.-Mobilidade interna.

A dirección do centro, dentro de cada institución, disporá a mobilidade precisa dos recursos que sexan necesarios para garanti-la axeitada organización do traballo, a plena funcionalidade das unidades e servicios, e a súa completa interconexión, de xeito que se adapten os efectivos existentes ás necesidades asistenciais que se produzan.

Emporiso, caberá a mobilidade negociada cos comités de empresa dos distintos centros, de certos postos estructuralmente considerados, entre as unidades e servicios funcionais e entre os diferentes centros de traballo dependentes da mesma institución. En tal negociación determinaranse o número, características e localización dos ditos postos ofertados, así como o sistema e procedemento para a súa adxudicación regrada que deberá, en todo caso, axustarse a criterios obxectivos.

As direccións dos distintos centros informarán, periodicamente, os comités de empresa da estructura funcional das diversas áreas e servicios do centro así como da súa dotación e cobertura.

Artigo 9º.-Mobilidade xeográfica.

Cando se produza a mobilidade forzosa dun traballador que consigo leve desprazamento nos termos e polas causas previstas no artigo 40 do Estatuto dos traballadores, levaranse a cabo as seguintes actuacións:

-Apertura dun período previo de consultas cos representantes dos traballadores de duración non inferior a 15 días.

-O traballador terá dereito a unha compensación económica nos termos que se indican:

-Aboamento de axudas de custo por desprazamento e tres días de manutención para o seu cónxuxe ou persoa á que estea ligada de xeito estable por análoga relación afectiva e familiares que efectivamente se trasladen.

-A cantidade global que se pacte cos comités de empresa da institución afectada en atención á entidade e características da mobilidade disposta.

-Sete días de permiso retribuído por cambio de domicilio.

No non previsto neste artigo terase en conta a normativa laboral.

Artigo 10º.-Traballos de superior e inferior categoría.

As empresas, en caso de necesidade, poderán adscribir un traballador do cadro de persoal a un posto de traballo de superior ou inferior categoría.

En todo caso, deberán ser respectadas as premisas indicadas de seguido:

-A realización de funcións de categoría superior non excederá de seis meses consecutivos ou alternos nun período de un ano natural, ou oito meses durante dous anos. De superarse estes períodos, sempre que se dispoña no cadro de persoal de recursos que reúnan os requisitos daquelas, as ditas funcións desenvolveranse por rotación semestral. Este desempeño, en ningún caso, dará lugar á consolidación da categoría superior.

O traballador afectado polo cambio terá dereito ó recoñecemento de tódalas condicións derivadas da nova categoría, así como á percepción das retribucións correspondentes a ela. O desenvolvemento de funcións de superior categoría levarase a cabo, sempre que sexa posible, mediante as listas que se elaboren para a selección de persoal con contrato de duración determinada reguladas no presente convenio.

-O desempeño de funcións de categoría inferior non superará un período de 30 días consecutivos nun ano. O traballador conservará as retribucións correspondentes á categoría inicial.

En todo caso, quedarán excluídos desta limitación os supostos derivados da aplicación das medidas protectoras previstas na Lei de prevención de riscos laborais que se prolongarán ata que conclúan as razóns tuitivas que os motivaran.

Capítulo III

Selección e contratación

Artigo 11º.-Tipos de contratos.

A contratación de novo persoal procederá unicamente cando así o xustifiquen as necesidades do servicio. Corresponde ós órganos de dirección e goberno, no marco das súas competencias, a valoración das ditas necesidades e a conseguinte decisión sobre a incorporación de novos efectivos.

Con independencia dos dereitos de información que en materia de contratación e acceso de persoal se garanten ós comités de empresa na normativa vixente, nos casos de necesidade de contratación estructural informaranse os ditos órganos da concorrencia desa necesidade, funcións que se van cubrir e efectivos que se requiran.

As direccións dos centros vincularán o novo persoal mediante as modalidades e fórmulas previstas na normativa laboral e no presente convenio, de acordo coas características estructurais (atención ou cobertura permanente) ou conxunturais que concorran.

Os órganos de dirección decidirán así mesmo, a modalidade concreta e duración dos contratos do

novo persoal, exclusivamente, en atención ós supostos legalmente establecidos, coas seguintes adaptacións:

A. Contrato de obra ou servicio determinado: para os efectos previstos no artigo 15.a do Estatuto dos traballadores, comprende os traballos ou tarefas con substantividade propia dentro da actividade normal da institución, podéndose cubrir baixo esta modalidade contractual os seguintes:

-Posta en marcha de novas obras ou actividades.

-Programas especiais.

-Reforzos en períodos estacionais.

B. Contrato de acumulación de tarefas: poderá celebrarse cando as necesidades asistenciais así o aconsellen, cunha duración máxima de 12 meses dentro dun período de 18 meses, computados desde a data na que se produza a causa que o orixine.

C. Contrato de interinidade: nos termos establecidos no artigo 15.c) do Estatuto dos traballadores mencionado e normas de desenvolvemento.

No suposto de cobertura interina dunhas funcións ou necesidades permanentes da institución manterase o vínculo ata a súa cobertura definitiva polo procedemento selectivo previsto no artigo 13º deste convenio. En todo caso, a praza cuberta interinamente deberá ser obxecto de oferta ou selección nese proceso que se leve a cabo.

Artigo 12º.-Selección de persoal.

A selección de persoal realizarase de acordo cos principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, nos termos previstos na Lei 10/1996, do 5 de novembro (DOG nº 227 do 20 de novembro), de actuación de entes e empresas nos que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación; ou nos termos da norma que a substitúa.

Artigo 13º.-Acceso á condición de persoal laboral fixo ou por tempo indefinido.

A. Acceso mediante probas selectivas: en estricto respecto ós principios constitucionais que rexen o acceso ó servicio da Administración pública, e de conformidade co previsto na lei referida no artigo anterior, para o acceso á condición de persoal con contrato fixo ou indefinido será preciso supera-las probas selectivas convocadas para estes efectos. Fóra deste suposto de acceso, como garantía inequívoca e indefectible dos principios constitucionais de mención, non caberá a contratación fixa ou indefinida de ningún traballador; polo que calquera irregularidade cometida nos contratos formalizados co persoal das institucións incluídas no ámbito do presente convenio non suporá, de ningún xeito, a conversión do seu vínculo en indefinido ou fixo.

B. Comisión de selección: para a selección dos aspirantes en cada empresa constituirase, en todo caso, unha comisión de selección que intervirá na

totalidade do proceso e fases do mesmo. As ditas comisións estarán constituídas por un mínimo de tres membros, un dos cales será designado polo comité de empresa.

C. Proceso selectivo: con carácter xeral, a selección realizarase mediante a superación polos aspirantes dunha ou máis probas, segundo se determine na convocatoria, e, se é o caso, a avaliación dos méritos de carácter obxectivo que se concreten na convocatoria. Con independencia da realización de probas de aptitude de carácter eliminatorio (exame tipo test ou exame teórico ou proba práctica), en todo caso, a dita comisión de selección fará unha entrevista regrada na que se avaliarán as competencias específicas ou xerais pertinentes relacionadas coas funcións propias da profesión ou actividade concreta de que se trate. Na devandita proba-entrevista regrada, fixaranse con anterioridade os criterios de avaliación e as materias obxecto desta, así como as pautas que sirvan, necesariamente, de base; con outorgamento dunha puntuación a cada un dos aspirantes que en ningún caso poderá supera-lo 20% da puntuación total asignada ó proceso selectivo. Poderá determinarse na convocatoria a

puntuación máxima que se poderá acadar na entrevista.

D. Méritos: na avaliación dos méritos dos aspirantes darase especial relevancia á formación posgraduada e á experiencia profesional acreditada. Esta última avaliará tódalas actividades ou prestacións que teñan relación coas funcións dos postos de traballo obxecto de cobertura, tanto nas institucións públicas dos servicios de saúde do Estado español ou da Unión Europea, como nas privadas; coa posibilidade de establecer unha puntuación ponderada segundo a clase de institución de que se trate.

E. Procesos excepcionais: cando a complexidade do cometido que se vai desenvolver, a formación específica esixida, o nivel de especialización requirido o aconsellen, o proceso selectivo poderá consistir, exclusivamente, na avaliación dos méritos dos aspirantes adaptados ó perfil do posto que sexa preciso cubrir. Neste suposto requirirase a comparecencia dos aspirantes ante a comisión de selección dirixida a xustificar e defende-los méritos achegados. Para a aplicación deste sistema de acceso requirirase a elaboración dun expediente previo no que se fagan consta-las características do posto que se vai cubrir e as concretas especificacións que o conforman. Para tal efecto requirirase un acordo motivado da comisión de selección.

F. Obxectividade do proceso selectivo: dadas as especificidades e relevancia da prestación da asistencia sanitaria, en todo proceso de selección fixaranse criterios ou sistemas obxectivos que, coas garantías precisas, permitan constata-la capacidade e competencias mínimas necesarias para o desempeño das funcións propias da categoría.

G. Promoción profesional: nas probas selectivas poderá reservarse ata o 30% das prazas convocadas para a súa provisión pola quenda de promoción interna, á que poderá concorre-lo persoal fixo da institución que acredite a titulación precisa e unha antigüidade mínima de dous anos con tal carácter de persoal fixo.

Os aspirantes que concorran pola quenda de promoción interna realizarán as mesmas probas que os aspirantes da quenda libre de acceso. Ós méritos valorados con carácter xeral engadiranse outros relacionados fundamentalmente coa antigüidade como persoal fixo e o contido do traballo desenvolvido na propia institución.

As prazas non cubertas pola quenda de promoción interna incrementarán as ofertadas pola quenda de acceso libre cando así se faga constar expresamente na convocatoria.

Poderanse celebrar probas selectivas específicas para a promoción interna do persoal fixo, dentro do respecto ó procedemento e condicións previstos nos parágrafos anteriores.

H. Cota de mobilidade entre empresas do ámbito do convenio: nas probas selectivas poderá reservarse ata o 30% das prazas convocadas para o acceso do persoal doutras institucións incluídas no ámbito de aplicación do convenio que acredite unha antigüidade mínima dun ano como persoal fixo en praza co mesmo contido funcional, dentro do respecto ó procedemento e condicións previstos nos parágrafos anteriores. Para o acceso a esta prazas poderá recollerse nas convocatorias a exención dalgunha ou da totalidade das probas de aptitude. En ningún caso se eximirá a valoración dos méritos e a realización da entrevista.

O traballador que acceda a outra institución por este procedemento perderá os dereitos sobre a praza orixinaria.

Artigo 14º.-Selección de persoal con contrato de duración determinada.

A selección do citado persoal realizarase de conformidade coa orde de prelación que resulte das listas elaboradas polas distintas categorías existentes nas institucións incluídas no ámbito de aplicación do presente convenio, consonte os criterios de selección que se determinen, nos que se terá en conta, en todo caso, a formación dos aspirantes e a súa experiencia profesional no desenvolvemento das correspondentes funcións.

O procedemento de elaboración e xestión das listas co establecemento das normas xerais de acceso e os baremos aplicables a cada posto de traballo, será negociado en cada institución cos representantes dos traballadores.

A cobertura de postos de traballo a través da formalización de contratos de duración determinada levarase a cabo mediante o chamamento dos aspirantes incluídos nas devanditas listas e sempre segundo a orde colexida da puntuación acreditada.

En todo caso estableceranse procedementos que posibiliten o acceso temporal a outras categorías do persoal con contrato fixo ou por tempo indefinido que acredite a titulación precisa (relacionar co artigo 10º deste convenio). Esta promoción temporal non suporá a consolidación da categoría promocionada, xa que para iso resulta indefectible o acceso a través do procedemento regrado no artigo 11º anterior.

Artigo 15º.-Período de proba.

1. Dadas as características e actividade prestacional propias das institucións incluídas no ámbito do convenio, todo o persoal estará suxeito a un período de proba coa seguinte duración:

-Profesionais médicos e titulados superiores: 6 meses.

-Diplomados universitarios ou equivalentes: 3 meses.

-Resto do persoal: 2 meses.

O período de proba suspenderase durante a situación de incapacidade temporal e demais causas de suspensión legalmente establecidas.

A proba consignarase en tódalas modalidades de contrato que se subscriban cos traballadores (contrato fixo ou de duración determinada).

Os períodos contractuais de duración inferior á do período de proba fixado para cada un dos colectivos de persoal anteditos, acumularanse ata completa-lo dito período de proba, carecendo este de virtualidade unha vez que se cumprise para cada posto de traballo ou funcións similares.

Durante o período de proba ámbalas dúas partes poderán rescindi-lo contrato. Este cesamento non xerará dereito a indemnización.

O período de proba, de ser superado, computarase para tódolos efectos. As condicións de traballo e retributivas, durante este período, serán idénticas ás do resto dos traballadores.

2. Excepciónase do período de proba aquel persoal fixo que accedese á condición de laboral fixo na mesma categoría noutra institución pola cota de mobilidade prevista na alínea h do artigo 13º.

Artigo 16º.-Mobilidade.

A. Mobilidade do persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde e funcionario da Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas do persoal sanitario ó servicio da Comunidade Autónoma -persoal laboral das institucións do ámbito do convenio: o persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde e funcionario da Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas do persoal sanitario ó servicio da Comunidade Autónoma, Servicio Galego de Saúde, nos termos previstos na súa normativa específica, poderá prestar servicios nas institucións incluídas no ámbito de aplicación do convenio, con suxeición ás condicións de traballo e retributivas establecidas

con carácter xeral no presente convenio ou ás pactadas individualmente.

Así mesmo, caberá aplica-la reciprocidade desta medida, en prazas de natureza estatutaria, ós traballadores incluídos no ámbito do presente convenio, de acordo coa normativa estatutaria que resulte de aplicación.

A adopción das anteriores medidas de mobilidade funcional non requirirá o cumprimento do sistema de acceso regrado previsto neste convenio.

B. Mobilidade temporal do persoal laboral fixo ou indefinido entre institucións incluídas no ámbito do convenio: poderase dispoñe-la mobilidade de recursos dos traballadores fixos ou indefinidos entre institucións dentro do ámbito do presente convenio, a criterio das direccións respectivas e en función das súas necesidades, coa anuencia do/s traballador/es afectado/s e cun límite temporal de tres anos. Neste período garantirase a reserva do posto de traballo de orixe.

A citada mobilidade funcional virá motivada en interese das institucións incluídas no ámbito deste convenio, pola necesaria cooperación e colaboración entre elas, na prestación da súa carteira de servicios, ante situacións de prestación urxente e inaprazable, e para completar e mellora-la formación dos traballadores.

No caso de producirse este tipo de mobilidade consentida, os comités de empresa das institucións afectadas deberán ser informados con indicación do período de tempo fixado para a dita mobilidade.

Capítulo IV

Extinción do contrato de traballo

Artigo 17º.-Causas.

O contrato de traballo extinguirase nos supostos establecidos no Estatuto dos traballadores.

Artigo 18º.-Xubilación.

A xubilación será obrigatoria ó cumpri-los sesenta e cinco anos.

Aqueles traballadores que, ó acadar esta idade, non cumprisen o período mínimo de cotización á Seguridade Social para causar dereito á prestación, poderán continuar prestando servicios ata cumpri-lo citado período de acordo co previsto na normativa vixente da Seguridade Social.

O persoal poderá xubilarse voluntariamente de acordo cos requisitos establecidos no réxime da Seguridade Social. Naqueles supostos de reducción de xornada por motivo de xubilación, as institucións cubrirán a xornada a tempo parcial coa modalidade de contrato de relevo previsto no artigo 12.6º do Estatuto dos traballadores.

Capítulo V

Tempo de traballo

Artigo 19º.-Xornada anual.

1.1. A xornada normal ou ordinaria de traballo será de 1.685 horas de prestación efectiva total por ano natural, descontadas, en todo caso, as vacacións, días festivos e de libre desfrute previstos no presente convenio.

A dita xornada anual queda fixada en 1.655 horas para o ano 2002 e en 1624 horas no ano 2003.

No caso de xornada a quendas, de xeito habitual e tódolos días do ano, para o cómputo da xornada anual respectaranse os preceptivos descansos entre xornadas e o descanso semanal.

1.2. As reduccións de xornada axustaranse ás condicións e requisitos previstos no artigo 41 do Estatuto dos traballadores. Nos supostos de reducción de xornada as retribucións previstas neste convenio adaptaranse de xeito proporcional á xornada asignada.

1.3. Con carácter xeral e preferentemente, a xornada de traballo desenvolverase en quendas de 7 horas de mañá, 7 horas de tarde e 10 horas de noite, sen prexuízo de que no seo de cada institución poida ser negociada cos comités de empresa unha distribución horaria distinta á anterior.

1.4. A comisión negociadorá estudiará os sistemas de ponderación da xornada en certas condicións específicas (como o traballo en quendas nocturnas) dalgúns postos de traballo, para a súa inclusión na negociación do próximo convenio.

Artigo 20º.-Xornadas de distribución irregular.

Cada institución, en función das súas necesidades e de acordo coas previsións establecidas no artigo 7º deste convenio, poderá establecer xornadas irregulares, durante todo o ano ou parte del, para todos ou algúns grupos de profesionais que integran o cadro de persoal, sempre que en cómputo anual non se supere a xornada anterior, debendo respecta-los períodos de descanso preceptivos.

Sempre que a xornada anual sexa de caracter irregular, a súa distribución obedecerá a razóns obxectivas e aplicarase de xeito equitativo entre o persoal que deba realizalas.

No non previsto neste artigo aplicarase o disposto no R.D. 1561/1995, do 21 de setembro, no que se refire a traballo a quendas e nocturno.

Artigo 21º.-Descansos.

Deberá mediar un mínimo de 12 horas entre o remate dunha xornada e o inicio da seguinte.

Para a efectividade do descanso de 12 horas anteriormente referido, de mediar razóns organizativas e de acordo cos traballadores afectados, poderán establecerse sistemas alternativos de descanso con traslado a outra ou outras datas posteriores.

Establécese unha pausa de 20 minutos, computada dentro da xornada efectiva, sempre que esta supere as 6 horas continuadas diarias. Nos supostos de xornadas de duración inferior, a duración da pausa reducirase proporcionalmente.

Artigo 22º.-Horarios.

1.1. Dadas as especiais características das institucións suxeitas a este convenio, con prestación de traballo as 24 horas do día, os 365/6 días do ano, a dirección da institución establecerá o horario de traballo a teor das necesidades de servicio, logo da negociación cos representantes do persoal. Así poderán determinarse horarios fixos en días de semana concretos ou horarios diferenciados para cada tramo do día; xornadas completas ou xornadas con horario partido; así como a súa realización por equipos específicos ou mediante quendas rotatorias por todo o persoal adscrito á unidade ou servicio de que se trate.

1.2. Os horarios establecidos poderán modificarse nos termos previstos no artigo 7º deste convenio.

Artigo 23º.-Calendario laboral.

A dirección de cada institución someterá a consulta do comité de empresa o calendario laboral para cada ano natural antes do 15 de decembro do ano anterior. Unha vez elaborado publicarase nos taboleiros de anuncios de cada centro de traballo antes do 15 de xaneiro.

Estes calendarios comprenderán as quendas de xornada ordinaria e as gardas que deban realiza-los profesionais de cada unidade ou servicio por mes.

Non obstante, naquelas institucións nas que a actividade ordinaria implique a cobertura de atención continuada e permanente, poderanse establecer calendarios para períodos de tempo inferiores que, como regra xeral, corresponderán ó trimestre natural.

A dirección do centro poderá modifica-las quendas de traballo por razóns estructurais, logo de negociación co comité de empresa. Excepcionalmente a dirección poderá varia-las quendas por motivos asistenciais e con carácter circunstancial, o que deberá comunicarse ós traballadores afectados, de forma motivada.

Igualmente o traballador poderá solicitar, por escrito, cambios internos dalgunha das quendas establecidas no cuadrante. As solicitudes deberá resolvelas en todo caso o responsable pertinente e a súa denegación haberá de ser motivada.

Artigo 24º.-Horas extraordinarias.

1.1. As horas que superen en cómputo anual a xornada máxima efectiva establecida, con exclusión das correspondentes a gardas, terán a consideración de extraordinarias.

Para a súa determinación tomarase como período de referencia o trimestre natural.

1.2. Como criterio prioritario, as horas extraordinarias compensaranse con tempo libre retribuído de duración equivalente ó 150% delas, que deberá desfrutarse no prazo dos tres meses seguintes á súa realización. No suposto de imposibilidade de tal medida, por razóns conxunturais, compensaranse economicamente co 150% do valor da hora ordinaria.

As horas extraordinarias realizadas en domingo ou festivo serán retribuídas co 175% do valor da hora ordinaria.

1.3. As horas extraordinarias terán as limitacións fixadas na normativa laboral básica.

Artigo 25º.-Gardas.

1.1. Terá a consideración de garda o traballo realizado polo persoal sanitario ou non sanitario, como prolongación da xornada ordinaria, co obxecto de atender directa ou indirectamente a asistencia permanente e urxente requirida.

1.2. Límites anuais:

-Gardas obrigatorias: a súa prestación cínguese a un máximo de 500 horas de prestación efectiva de servicios en cómputo anual sobre a xornada efectiva prevista no artigo 19º.

-Gardas voluntarias: para este suposto establécese un límite conxunto, de prestación efectiva de servicio tanto para as prestadas de xeito obrigatorio coma voluntario, de 1.000 horas en cómputo anual.

1.3. Modalidades de garda:

-De presencia física: aquela que implique permanencia do traballador na institución durante a súa duración.

-Localizada: a que supoña presencia do traballador na institución só para unha actuación concreta e determinada e de ser esta requirida.

-Mixta: aquela que participa da configuración das dúas anteriores e, xa que logo, requira un período de tempo mínimo de presencia do traballador na institución dentro da duración total fixada para a garda.

Nas institucións afectadas, estableceranse criterios para unha máis precisa concreción dos tres sistemas de gardas fixados, así como na procura da mellor coordinación do réxime de gardas, logo de consulta co comité de empresa.

1.4. As distintas institucións, logo de negociación co comité de empresa, respectando as cantidades máximas reflectidas no anexo II do presente convenio para a retribución de gardas, poderán modula-los valores ou contías diferentes para as tres modalidades de garda, en atención ás características que concorran e configuración previa, en todo caso, dos parámetros pertinentes ou compensacións en termos de xornada.

Durante o desfrute do período vacacional percibirase a contía resultante da media das retribucións que por concepto de gardas se percibise nos 6 meses inmediatamente anteriores a el.

1.5. Libranzas: as libranzas serán reguladas polas normas de transposición das directivas europeas en materia de xornada aplicables ó sector sanitario:

A. De xeito ordinario a garda de presencia física implicará un descanso nas 12 horas seguintes á súa realización. Naqueles supostos nos que por razóns

imperativas que puidesen afecta-la continuidade asistencial non fose posible materializa-lo dito descanso, este farase efectivo dentro dos 15 días seguintes ó de realización da garda; sen menoscabo de que caiba negociar, xa sexa de xeito individual ou colectivo, outros períodos de referencia que non superarán os dous meses. Para este último caso requirirase informe do comité de empresa.

B. As gardas localizadas implicarán o descanso en función da prestación requirida nos termos da normativa citada de transposición das directivas europeas reguladoras da materia de xornada e descansos. No ámbito de cada empresa, logo de negociación co comité, acordaranse os sistemas de compensación máis adecuados á organización do traballo.

Artigo 26º.-Descansos semanais.

Os traballadores afectados polo presente convenio terán dereito ó desfrute do preceptivo descanso semanal de día e medio ininterrompido, que será determinado en función das quendas de traballo que teña asignadas o traballador, no que se entenderán incluídas as doce horas de descanso previstas no artigo 21º anterior. Nos supostos en que polas quendas de traballo non sexa posible o desfrute deste descanso semanal, terá garantidos, cada período de catorce días naturais, tres días naturais de descanso, dos que polo menos dous deberán ser consecutivos e un deles recaerá, como mínimo, nun domingo cada mes.

Sen menoscabo do anterior, caberá negociar cos representantes dos traballadores outro sistema alternativo de desfrute dos descansos.

Artigo 27º.-Vacacións.

Os traballadores teñen dereito a 30 días naturais retribuídos de vacacións dentro do ano natural a que correspondan. Cando a prestación de servicios sexa inferior ó ano natural, o período de vacacións reducirase proporcionalmente.

O/s período/s de desfrute determinarase en cada institución trala negociación cos representantes dos traballadores. Tamén o desfrute das vacacións poderá negociarse individualmente, co ineludible respecto do dereito dos demais traballadores.

Con carácter xeral, e en defecto de acordo, as vacacións desfrutaranse de xuño a setembro. Poderán fraccionarse, como máximo, en dous períodos de, alomenos, 15 días naturais cada un deles.

En atención ó réxime organizativo e de actividade de determinadas institucións, poderanse establecer outros criterios de fraccionamento do período vacacional, con respecto, en todo caso, dos mínimos fixados no Estatuto dos traballadores.

Os traballadores elixirán as datas de desfrute de acordo cos criterios establecidos nas unidades e servicios, a través da negociación pertinente cos comités de empresa de cada institución. De non existir acordo distribuirase o seu desfrute de xeito rotatorio, prin

cipiándose pola elección dos traballadores que acrediten maior antigüidade na institución.

A incapacidade temporal xurdida con anterioridade ó período fixado para o desfrute das vacacións considérase causa de cambio das datas sinaladas, logo de solicitude do interesado.

A incapacidade temporal sobrevida durante o desfrute das vacacións non as suspenderá, considerándose desfrutadas. Non obstante, cando o proceso de incapacidade temporal sobrevida teña unha duración superior ós 15 días, o traballador poderá solicita-lo cambio das datas sinaladas.

Así mesmo, procederá o cambio do período de vacacións, por instancia do interesado, nos supostos de maternidade, adopción ou acollemento (preadoptivo ou permanente) xurdidos con anterioridade ou durante o período vacacional.

Capítulo VI

Estructura salarial

Artigo 28º.-Salario de convenio.

1.1. As remuneracións dos traballadores comprendidas neste convenio estarán constituídas polo salario base e polos complementos retributivos que se definen, en puntos separados, en atención ás características e os parámetros que os conforman.

1.2. O salario base retribuirase conforme as contías que se recollen no anexo I, pola realización da xornada completa e efectiva por cada grupo de clasificación dos recollidos no artigo 31º.

1.3. Complementos retributivos: retribúen o desenvolvemento e execución do traballo con base nas condicións, características e parámetros que, de seguido, se explicitan:

-Antigüidade: percibirana os traballadores con contrato fixo ou indefinido, na contía establecida no anexo III para cada grupo profesional, por cada tres anos de servicios prestados como persoal fixo ou temporal nas institucións incluídas no ámbito de aplicación do presente convenio. O trienio cumprido terá efectos económicos desde o primeiro día do mes seguinte a aquel en que se perfeccione. As contías que retribúen este concepto se recollen no anexo III.

-Complemento de convenio: retribúe a realización das funcións inherentes a unha determinada categoría profesional. As contías que retribúen este concepto recóllense no anexo I.

-Actividade en xornada nocturna e xornada feriada (domingos e festivos): este concepto retributivo aboarase exclusivamente a aqueles grupos que o teñan establecido de forma diferenciada dos restantes conceptos retributivos no anexo II do presente convenio, pola realización de quendas entre as 22 e as 8 horas e pola prestación de servicios en domingos ou festivos. As contías que retribúen este concepto recóllense no anexo II.

-Gardas: constitúe obxecto deste complemento retributivo a realización de xornada non ordinaria para colaborar, de xeito directo ou indirecto, na cobertura da atención permanente e urxente.

As súas contías determinaranse por horas de presencia física ou localizada. As contías que retribúen este concepto recóllense no anexo II.

No caso de gardas mixtas devengaranse as retribucións que correspondan por cada modalidade de realización, no horario establecido.

Os valores fixados teñen carácter de máximos que poderán ser modulados en atención ás características propias de cada institución segundo se dispón no artigo 25º do presente convenio.

-Dispoñibilidade horaria: tetribúe a especial situación de dispoñibilidade de certos postos de traballo, a requirimento das necesidades emerxentes, non permanentes e excepcionais, adicionada á xornada horaria que teñan asignada. A percepción deste complemento retributivo será incompatible coa do complemento por gardas previsto no parágrafo anterior.

-Actividade única: retribúe a dedicación horaria á institución e ó compromiso do profesional a non desenvolver unha segunda actividade nos termos previstos na Lei 53/1984, de incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas (BOE nº 4, do 4 de xaneiro de 1985). As contías que retribúen este concepto recóllense no anexo I.

-Complemento variable por cumprimento dos obxectivos previstos: vén determinado polo cumprimento dos obxectivos fixados respecto dos traballadores das institucións comprendidas no ámbito do convenio para cada ano. A súa determinación terá como base o rendemento e calidade do servicio acadados, a especial dedicación dos profesionais e a eficacia e eficiencia no desenvolvemento do traballo, así como o grao de participación nos obxectivos xerais da institución.

En cada institución negociaranse cos representantes dos traballadores os criterios e parámetros concretos de devengo do incentivo. Así mesmo, en cada institución, adoptaranse as medidas pertinentes para efectua-lo seguimento do cumprimento dos obxectivos. As contías que retribúen este concepto recóllense no anexo I.

-Realización de funcións de responsabilidade e coordinación e actividades especiais: este complemento percibirase cando se asignen funcións que impliquen responsabilidade, xefatura ou coordinación dunha unidade ou unidades funcionais, así como cando se executen actividades ou cometidos específicos ou singulares dentro dos xenéricos da categoría profesional de que se trate. Neste último caso, a asignación do complemento esixirá a formación específica e cualificación precisa do traballador e para o seu devengo requirirase a constatación da diferencia, complexidade e dificultade das tarefas, nas distintas institucións. Logo de negociación co comité de empresa, fixaranse a configura

ción, características e requisitos esixidos para este complemento retributivo e determinaranse os servicios e unidades funcionais que reúnen as condicións fixadas para a percepción do dito complemento.

-Programas especiais: retribúe a participación voluntaria en actividades, actuacións ou programas concretos e non permanentes.

As contías establecidas nos anexos ó presente convenio para o ano 2002 e 2003, sono sen prexuízo das actualizacións que se recollan nas sucesivas leis de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para os citados exercicios.

1.4. Complemento persoal de compensación.

A. Dereito ó complemento persoal de compensación.

O persoal que desempeñe postos de traballo de categorías que, en cómputo anual, pasen como consecuencia do presente convenio a ter asignadas retribucións polo seu desempeño en contía global anual conxunta inferior ás que o devandito posto de traballo tiña asignados á entrada en vigor do propio convenio, causarán dereito ó percibo do complemento de compensación persoal calculado nos termos que se indica na alínea B do presente artigo.

Na comparación de retribucións determinantes do nacemento do dereito ó devandito complemento incluiranse tódolos conceptos de contía fixa derivados do desempeño ordinario do posto de traballo, así como os de contía variable polo importe anual máximo asignado, resultantes todas elas de pacto individual ou colectivo. Non se terán en conta aqueles outros ligados á actividade singular e específica do traballador tales como a realización de gardas, horas extraordinarias, traballo en domingos e festivos, realización de noites, sexa cal sexa a súa forma de devengo ou denominación, xa se paguen por unidade de traballo, tempo ou a tanto alzado, ou retribúan a través dun complemento unha concreta actividade non ordinaria, nin tampouco aqueles outros conceptos que retribúan directamente a antigüidade. Así mesmo, non se terán en conta, para os efectos do cálculo do complemento, as contías dos conceptos salariais que remuneren a realización de funcións de responsabilidade e coordinación e as

actividades especiais. O desempeño de tales funcións será retribuído conforme se dispón nos conceptos retributivos de igual nome que se recollen no artigo 28º.

B. Contía do complemento persoal de compensación.

O persoal que cause dereito ó complemento de compensación conforme o indicado no punto anterior, percibirá o devandito concepto no importe calculado nos termos que se indican a seguir:

1. O importe anual do complemento de compensación virá determinado pola adición de valores, positivos ou negativos, obtidos por comparación separada das retribucións de carácter fixo, por unha banda, e das de carácter variable, pola outra.

2. A compensación entre retribucións de carácter fixo consistirá na diferencia entre o importe global anual conxunto dos conceptos retributivos de carácter fixo asignados ó traballador á entrada en vigor do presente convenio e os conceptos retributivos do mesmo carácter que lle corresponden como consecuencia da aplicación da táboa salarial establecida no anexo I.

3. A comparación entre retribucións de carácter variable consistirá na diferencia entre o importe global anual conxunto dos conceptos de carácter variable nos termos recollidos no punto A e coas exclusións nel previstas, asignados ó traballador á entrada en vigor do presente convenio, e o importe global conxunto dos conceptos de carácter variable que lle corresponden como consecuencia da aplicación da táboa salarial establecida no anexo I.

4. Obtido o importe global anual do complemento persoal de compensación, aqueles traballadores que causasen dereito a el conforme o previsto no punto 1 do presente artigo, percibirano mensualmente na contía dunha doceava parte do seu valor.

5. Os conceptos retributivos que, segundo o disposto no punto 1 do presente artigo non deban ser tomados en consideración para determina-lo nacemento do dereito ó complemento de compensación, tampouco deberán ser tidos en conta para o cálculo do seu importe.

6. En ningún caso o recoñecemento deste complemento poderá supoñer que retribucións que no momento anterior tiñan a natureza de fixas poidan verse modificadas na súa natureza por variables.

7. A actualización do complemento de compensación realizarase con base nas previsións anuais da Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia sobre actualización de retribucións no sector público da Comunidade Autónoma.

1.5. Incidencia do concepto retributivo de antigüidade.

1. O persoal que á entrada en vigor do presente convenio tivera asignado un concepto retributivo dirixido especificamente a retribuí-la antigüidade manterá os importes que por este concepto tivera recoñecidos á entrada en vigor do convenio. Os seguintes complementos de antigüidade que totalicen os profesionais citados cuantificaranse nos importes recoñecidos neste convenio no anexo III.

2. Os traballadores da Fundación Pública Hospital de Verín que actualmente perciben o complemento de antigüidade segundo o seu convenio, percibirán no futuro a contía do último trienio, non actualizada nos seguintes vencementos. Así, o citado importe será o que percibirán nos sucesivos complementos de antigüidade que se xeren. Por este motivo non lle será aplicable a estes traballadores o réxime xeral de antigüidade previsto neste convenio. Ós novos traballadores e ós que non teñan recoñecido o complemento de antigüidade na data da entrada en vigor do convenio, aplicaráselle-lo réxime de antigüidade

previsto no artigo 28º.1.3 deste convenio, cos importes recollidos na táboa anexa III.

3. Con respecto ós profesionais que, á entrada en vigor do presente convenio, non tiveran asignados conceptos retributivos destinados especificamente á remunera-la antigüidade, tomarase como data inicial para os efectos de cómputo a data de vinculación como persoal en calquera das institucións do ámbito de aplicación do presente convenio, e como data de inicio da percepción das contías correspondentes recollidas no anexo III a data de entrada en vigor do presente convenio.

Artigo 29º.-Axudas de custo.

Están constituídas polas cantidades devengadas diariamente para satisface-los gastos que, por manutención e/ou desprazamento, orixine a estadía en localidade distinta da que, de xeito habitual, se presta servicio, cando, con carácter eventual, a dirección da institución dispoña tal desprazamento.

As contías por esa percepción non salarial serán as aplicables ó persoal da Administración pública galega.

Non se percibirán as axudas de custo por desprazamento cando a dirección do centro poña á disposición dos traballadores transporte axeitado.

Artigo 30º.-Pagas extraordinarias.

Establécense dúas pagas extraordinarias por importe do salario base de convenio e maila antigüidade recoñecida, que serán aboadas ó traballador nos meses de xuño e decembro. De acordo co tempo traballado aboarase, en rateo anual, a parte proporcional do valor destas gratificacións.

Artigo 31º.-Clasificación do persoal.

O persoal clasifícase en función da titulación requirida ou formación básica esixible para o desenvolvemento do posto de traballo e o seu carácter sanitario ou non sanitario, nos seguintes grupos:

1. Persoal facultativo especialista.

2. Persoal facultativo non especialista.

3. Titulados universitarios superiores non sanitarios.

4. Titulados universitarios de grao medio sanitarios ou formación equivalente.

5. Titulados universitarios de grao medio non sanitarios.

6. Técnicos con formación profesional superior sanitarios.

7. Técnicos con formación profesional superior non sanitarios ou formación equivalente.

8. Técnicos con formación profesional básica sanitaria.

9. Técnicos con formación profesional básica non sanitaria.

10. Persoal sen titulación específica.

Artigo 32º.-Postos de traballo.

Os postos de traballo existentes no ámbito de aplicación do presente convenio colectivo serán desempeñados polos profesionais clasificados de acordo co artigo anterior e terán un cometido acorde coas profesións tituladas sanitarias que acrediten. De se tratar de profesións tituladas non sanitarias, o cometido dos postos de traballo axustarase ó grao de formación e coñecementos específicos esixidos.

Aqueles postos de traballo referidos a actividades que non requiran titulación específica para o seu cometido abranguerán o desenvolvemento de tarefas de apoio ou complementarias en áreas funcionais de carácter técnico, de asesoramento ou estudio; así como o desempeño de oficios correspondentes ás actividades de apoio ou execución básica.

Nas diferentes institucións poderá negociarse cos comités de empresa a definición de determinados postos de traballo por actividade funcional, así como establecer criterios de mobilidade e interconexión prestacional das súas distintas áreas ou servicios funcionais.

Capítulo VII

Permisos e licencias

Artigo 33º.-Permisos.

Os traballadores, logo de aviso e posterior xustificación, terán dereito a permisos retribuídos polos motivos e duración seguintes:

a) Quince días naturais ininterrompidos por casamento ou por constituírse en parella de feito.

b) Tres días polo nacemento de fillo, adopción ou acollemento (preadoptivo ou permanente) de menores de seis anos, así como pola morte, enfermidade grave ou hospitalización do cónxuxe, parella de feito ou familiar ata o segundo grao por consanguinidade ou afinidade. O permiso ampliarase a catro días cando o suceso se produza fóra de Galicia.

c) Un día por traslado do domicilio habitual.

d) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal. Cando se trate dun deber de carácter persoal, o permiso non poderá supera-la quinta parte das horas laborais en cómputo trimestral. No suposto de que o traballador perciba retribución ou indemnización polo cumprimento do deber, descontarase o importe desta do salario a que tivera dereito.

e) No caso da muller traballadora, polo tempo indispensable para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ó parto que deban realizarse dentro do tempo de traballo.

f) As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderá dividirse en dúas fraccións. A muller poderá optar por reduci-la súa xornada

normal en media hora, ó inicio ou ó final dela, con esta finalidade. Este dereito poderá ser exercido indistintamente polo pai, logo de acreditación de que a nai non desfruta do permiso.

g) Para realizar funcións sindicais, de formación sindical ou representación do persoal nos termos legalmente establecidos.

h) Para concorrer a exames liberatorios de centros oficiais e titulacións oficiais, cando se trate de estudios propios de profesións sanitarias ou que garden relación directa co posto de traballo, ou permitan ou favorezan a promoción interna profesional do traballador. O permiso refirirase ós días de celebración dos exames, cun límite de seis días ó ano.

i) Cinco días libres por asuntos propios, a concesión dos cales deberá necesariamente harmonizarse coas necesidades de organización e carga de traballo. No ano 2002 desfrutaranse sete días libres e nove días no ano 2003. O desfrute dos días libres non suporá en ningún caso a minoración da xornada anual efectiva.

Os anteditos números de días refírense á prestación polos doce meses do ano natural. Nos supostos de que a prestación sexa inferior, o número de días libres calcularase de xeito proporcional.

Os días libres desfrutaranse con carácter xeral dentro do ano natural e ata o 15 de xaneiro do ano seguinte.

A denegación do desfrute nunhas datas determinadas deberá ser motivada e fundada en necesidades de servicio.

j) Ata tres días ó ano para a asistencia ós cursos de formación cando o seu contido estea directamente relacionado coas funcións do seu posto de traballo e se desenvolvan dentro do horario de traballo.

A dirección de cada institución, logo de negociación co comité de empresa, fixará os criterios de desfrute e os procedementos de solicitude e resolución de tódolos permisos retribuídos.

Artigo 34º.-Licencias con soldo parcial.

O persoal que, por razóns de garda legal, teña ó seu coidado directo algún menor de 6 anos ou a un diminuído físico, psíquico ou sensorial que non desempeñen ningunha actividade retribuída, ou non perciban ingresos superiores ó salario mínimo interprofesional, poderá acceder a unha reducción da xornada total ordinaria de entre un tercio e un medio, para o desfrute da cal se buscará concilia-los intereses do profesional coas necesidades do servicio. Nestes casos diminuirase o salario no importe proporcional ó tempo de reducción. A solicitude deste permiso efectuarase con trinta días de antelación ó seu desfrute.

Terá o mesmo dereito, e en idénticos termos e condicións, quen precise asumi-lo coidado directo dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse por si mesmo.

Artigo 35º.-Licencias sen soldo.

Os traballadores contratados con carácter fixo ou por tempo indefinido que teñan cumprido un ano de servicio poderán obter licencia sen soldo. A concesión da licencia estará condicionada ás necesidades do servicio e a súa duración non poderá exceder dun período de tres meses nun intervalo de tres anos.

Non estarán suxeitos a este límite os permisos concedidos para a formación relacionada coas funcións propias da actividade profesional sempre que, a criterio da dirección da institución respectiva, redunden na mellora da actividade e funcionalidade do servicio ou unidade.

A solicitude da licencia formalizarase alomenos cun mes de antelación á data prevista para o seu inicio. A dirección resolverá o que proceda no prazo de quince días. No caso de que non se dicte resolución expresa neste prazo, entenderase concedida a licencia, a desestimación da cal deberá ser motivada.

Capítulo VIII

Excedencias

Artigo 36º.-Excedencia voluntaria.

1. Por interese particular.

Os traballadores fixos ou indefinidos cun mínimo dun ano poderán solicitar excedencia voluntaria por un período de tempo non inferior a un ano nin superior a cinco.

A solicitude da excedencia deberá formalizarse cun mes de antelación á data prevista para o seu inicio.

Se o traballador desfrutase anteriormente dunha excedencia por interese particular, non terá dereito a unha nova excedencia ata que transcorran tres anos desde a finalización da primeira.

Se o traballador non solicita o reingreso cun mes de antelación á finalización da excedencia, causará baixa definitiva.

2. Por coidado de familiares.

Os traballadores terán dereito a un período de excedencia de duración non superior a tres anos para atender ó coidado de cada fillo, natural ou adoptivo, ou nos supostos de acollemento, tanto permanente como preadoptivo, contado desde a data do nacemento ou, de se-lo caso, desde a resolución xudicial ou administrativa.

Os traballadores tamén terán dereito a un período de excedencia, de duración non superior a un ano, para atender ó coidado dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse por si mesmo e non desempeñen actividade retribuída.

Cando un novo suxeito causante dea dereito a outro período de excedencia, o inicio desta dará fin ó que, de se-lo caso, se viñera desfrutando.

A concesión desta excedencia farase logo de declaración do peticionario de que non desempeña actividade que poida impedir ou menoscaba-lo coidado do familiar.

Se o traballador non solicita o reingreso antes da finalización do período de excedencia, con quince días de antelación, será declarado de oficio en situación de excedencia voluntaria por interese particular por un período mínimo dun ano.

3. Por incompatibilidade.

Quedará nesta situación o traballador que, nos termos previstos na normativa de incompatibilidades, opte polo desempeño doutro posto de traballo no sector público, aínda cando non cumprise un ano de antigüidade no servicio, e poderá permanecer indefinidamente nesta situación mentres persistan as causas de incompatibilidade.

Artigo 37º.-Efectos da excedencia voluntaria.

O período en situación de excedencia voluntaria, agás aquela á que se acceda para o coidado dos familiares, non será computado en ningún caso para os efectos retributivos e de antigüidade.

O traballador con contrato de duración determinada, que pase á situación de excedencia voluntaria, recibirá o mesmo tratamento que o resto do colectivo na eventual aplicación de criterios de cesamento trala celebración de probas selectivas.

Artigo 38º.-Reingresos.

O reingreso desde a situación de excedencia voluntaria, coa salvidade prevista neste convenio respecto ó persoal fixo ou por tempo indefinido que acceda ó desempeño doutro posto nunha institución sanitaria de titularidade pública, estará sempre condicionado á existencia dun posto de traballo vacante. Cando sexan varios os traballadores en expectativa de reingreso, este efectúase consonte o criterio de maior antigüidade.

No suposto de excedencia para coidado de familiares garantirase a reserva do posto de traballo.

Artigo 39º.-Excedencia forzosa.

A excedencia forzosa, que dará dereito á reserva do posto e ó cómputo para os efectos de antigüidade, concederase pola designación ou elección para un cargo público que imposibilite a asistencia ó traballo.

O reingreso deberá solicitarse dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo e farase efectivo inmediatamente. No caso de non formularse a solicitude de reingreso no prazo mencionado, o traballador pasará á situación de excedencia voluntaria por interese particular.

Capítulo IX

Réxime disciplinario

Artigo 40º.-Réxime disciplinario.

Os traballadores poderán ser sancionados pola dirección da institución en virtude de incumprimentos laborais e de acordo coa graduación de faltas e sancións que se establecen no presente convenio.

Cando a dirección da institución tivese coñecemento fundado da presunta comisión dunha falta por un traballador, abrirá unha investigación para comproba-la realidade dos feitos.

Se como resultado da investigación se apreciase fundamento suficiente para imputa-la falta ó traballador, comunicaráselle ó interesado para que no prazo de cinco días hábiles desde a notificación poida alega-lo que na súa defensa estime conveniente, así como propoñe-las probas que crea oportunas, a pertinencia da cal será decisión do responsable da investigación. A dita comunicación interromperá os prazos de prescrición da falta.

A dirección poderá acorda-las medidas provisionais que estime oportunas, incluída a suspensión provisional de funcións, se a gravidade das circunstancias concorrentes ou o prexuízo que se puidera ocasionar ó servicio así o aconsellan.

O resultado das actuacións practicadas notificaráselle ó traballador, con indicación dos feitos que quedaron probados, os cargos que se lle imputan e a eventual cualificación da falta. No prazo dos sete días hábiles seguintes á recepción da notificación, o interesado poderá realiza-las alegacións que estime oportunas.

Recibidas as alegacións ou transcorrido o prazo para efectualas sen que houbese constancia da súa recepción, a dirección adoptará acordo sobre a sanción que se impoñerá ou o arquivo das actuacións. A decisión sancionadora notificaráselle ó interesado con expresión da falta que se lle imputa e a sanción que lle sexa aplicable. O prazo para a adopción deste acordo será de dous meses desde a primeira comunicación que se lle faga ó interesado sobre a comisión da falta e a súa imputación. Este prazo poderá prorrogarse no caso de que polas circunstancias concorrentes ou pola dificultade das probas que hai que practicar fose aconsellable a súa ampliación por un período non superior ó indicado. O dito prazo interromperase se por causa do traballador non se pode practicar algunha actuación necesaria.

1. Graduación de faltas. Toda falta cometida por un traballador clasificarase, atendendo á súa importancia, transcendencia e intención, en leve, grave e moi grave.

1.1. Faltas leves. Consideraranse faltas leves as seguintes:

a) De unha a tres faltas inxustificadas de puntualidade no período dun mes.

b) A falta de asistencia inxustificada durante un único día no período dun mes, a non ser que se probe a imposibilidade de xustificala ou por causa de forza maior.

c) O abandono do servicio sen causa xustificada, aínda por breve tempo e incluso finalizada a xornada laboral, cuando se teña que producir substitución por un compañeiro sen que se presentase aquel ou ata que provexan un substituto os seus superiores, sempre e cando non se derive prexuízo para o servicio.

d) A neglixencia e descoido no cumprimento do traballo, ou no coidado e conservación dos utensilios de traballo, mobiliario e locais onde se presten os servicios.

e) Falta de aseo ou limpeza persoal de tal índole que produza queixas xustificadas dos seus compañeiros de traballo ou dos usuarios.

f) A incorrección ou a falta da dilixencia debida no trato ós usuarios, superiores, compañeiros, subordinados e público en xeral, sempre que non supoña un prexuízo á imaxe da institución.

g) A falta de notificación á institución da modificación dos datos persoais de inescusable comunicación, cando o seu incumprimento non estea cualificado como falta grave ou moi grave.

h) A presentación extemporánea de partes de alta, baixa ou confirmación da baixa, agás que se acredite a imposibilidade de facelo por causa de forza maior.

1.2. Faltas graves. Consideraranse faltas graves as seguintes:

a) Máis de tres faltas inxustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo cometidas no período dun mes.

b) Falta inxustificada de un a tres días ó traballo durante un período dun mes, agás que se acredite a imposibilidade da súa xustificación por causa de forza maior.

c) O abandono de servicio sen causa xustificada, aínda despois de finalizada a xornada laboral, cando se teña que producir substitución por un compañeiro sen que se presentase aquel ou ata que provexan un substituto os superiores, cando se derive prexuízo grave para o servicio.

d) A neglixencia inescusable no cumprimento do traballo, no coidado e conservación dos utensilios de traballo, mobiliario e locais, se causasen danos á institución.

e) O incumprimento das normas e/ou abandono das medidas de seguridade e hixiene no traballo deacordo co previsto na normativa laboral e nas instruccións que a institución lles dea ós traballadores.

f) Falta de aseo ou de limpeza persoal cando poida afectar á prestación do servicio e/ou cando previamente fose recibida a oportuna advertencia da empresa.

g) Non comunicar coa puntualidade debida os cambios experimentados na familia que poidan afectar á Seguridade Social.

h) A negativa inxustificada a prestar servicios excepcionais nos casos en que polo seu carácter de imperiosa necesidade, así o requiran.

i) A desobediencia ou indisciplina relacionada co traballo e/ou incumprimento dos deberes que lle sexan propios, incluída a resistencia e obstrucción a novos métodos de racionalización do traballo. A colaboración ou encubrimento das faltas doutros traballadores en relación cos seus deberes de puntualidade, asistencia e utilización dos mecanismos de control.

l) A utilización ou difusión indebida de datos ou información de que teña coñecemento por razón do seu traballo na institución.

m) O incumprimento dos prazos o calquera outra disposición de procedemento en materia de incompatibilidades, cando non supoña o mantemento dunha situación de incompatibilidade.

n) A realización sen o oportuno permiso de traballos particulares durante a xornada, así como o emprego para usos propios de medios ou servicios da institución.

ñ) A realización de actos en pugna cos intereses da institución.

o) A reincidencia en falta leve aínda que sexa de distinta natureza, nun mesmo trimestre.

1.3. Faltas moi graves. Consideraranse como faltas moi graves as seguintes:

a) Máis de tres faltas inxustificadas de asistencia ó traballo durante o período dun mes, agás que se acredite a imposibilidade da súa xustificación por causa de forza maior.

b) O abandono de servicio sen causa xustificada, aínda despois de finalizada a xornada laboral, cando se teña que producir substitución por un compañeiro sen que se presentara aquel ou ata que provexan un substituto polos superiores, cando se derive prexuízo moi grave para o servicio.

c) Ocasionar danos ou accidentes moi graves por razón do servicio.

d) O incumprimento ou abandono das normas, protocolos e medidas de seguridade e hixiene no traballo, cando destes se deriven graves riscos ou danos para o traballador e/ou público en xeral.

e) A fraude, deslealdade ou abuso de confianza ou a ausencia de probidade nas xestións encomendadas, e o furto ou o roubo dentro da institución, ou calquera outra actividade delictuosa no marco da propia institución.

f) A emisión de certificados ou informes médicos falseando o seu contido.

g) A utilización indebida de receitas médicas.

h) O quebranto manifesto da disciplina ou a desobediencia ou indisciplina que ocasionase prexuízo notorio para a institución.

i) O falseamento de datos e información que teña que proporcionar á institución, ou teña a súa orixe nela.

l) A simulación de enfermidade ou accidente. Sen prexuízo de calquera outra conducta que puidera cualificarse como tal, entenderase que existe simulación sempre que un traballador de baixa realice traballos de calquera índole por conta propia ou allea. Tamén se comprenderá nesta alínea toda manipulación feita para prolonga-la baixa por accidente ou enfermidade.

m) Viola-lo segredo de correspondencia, ou de documentos reservados da institución, ou revelar a estraños a ela datos de reserva obrigada, en particular a violación do deber de confidencialidade que protexe os datos dos usuarios.

n) O exercicio de actividades públicas ou privadas, sen solicitar e obte-la debida autorización para compatibilizalas, ou calquera outro incumprimento en materia de incompatibilidades que non estea considerado falta grave.

ñ) Os malos tratos de palabra ou obra, abuso de autoridade, ou falta grave de respecto e consideración ós seus xefes, compañeiros, subordinados e público.

o) O acoso sexual definido no artigo 184 da Lei orgánica 10/1995 de 23 de novembro.

p) A diminución voluntaria e continuada no rendemento de traballo esixible segundo a súa categoría profesional.

q) O incumprimento dos servicios mínimos en caso de folga.

r) O dano voluntario causado ós intereses da institución.

s) A reincidencia en falta grave, aínda que sexa de distinta natureza, sempre que se cometan no período dun trimestre e fosen sancionadas.

2. Réxime de sancións. Corréspondelle á dirección a facultade de impoñer sancións nos termos do estipulado no presente convenio.

Para a imposición das sancións deberá atenderse en todo caso ó criterio de proporcionalidade entre a falta cometida e os seus efectos e a sanción que hai que impoñer.

Comunicaráselles ós representantes legais dos traballadores toda sanción por falta grave ou moi grave que se impoña.

2.1. Sancións. As sancións máximas que poderán impoñerse ós que incorran nas faltas, serán as seguintes:

a) Por faltas leves:

-Amoestación.

-Suspensión de emprego e soldo de ata cinco días.

b) Por faltas graves:

-Suspensión de emprego e soldo de seis a sesenta días.

c) Por faltas moi graves:

-Suspensión de emprego e soldo de sesenta a cento oitenta días.

-Despedimento.

3. Prescrición de faltas.

O cómputo da prescrición iniciarase desde a data da súa comisión:

-Faltas leves: 10 días.

-Faltas graves: 20 días.

-Faltas moi graves: 60 días.

4. Cancelación de faltas: as faltas anotaranse no expediente persoal do traballador e poderán cancelarse por instancia do traballador ou ben pola propia empresa transcorridos os seguintes períodos:

-Faltas leves : 6 meses.

-Faltas graves: 2 anos.

-Faltas moi graves: 6 anos.

Capítulo X

Saúde laboral

Artigo 41º

Aplicaranse as disposicións previstas na Lei de prevención de riscos laborais 31/1995 e demais normas concordantes.

Artigo 42º.-Servicio de prevención.

Constituirase un servicio de prevención por cada institución, que poderá ser propio ou alleo.

Artigo 43º.-Comité de seguridade e saúde laboral e delegados de prevención.

Crearase un comité de seguridade e saúde laboral para cada institución nos termos previstos na Lei de prevención de riscos laborais.

Os delegados de prevención de cada institución serán designados por e entre os membros do comité de empresa.

O número de delegados de prevención co que deberá conta-la institución virá determinado pola escala recollida no artigo 35.2º da citada lei.

As competencias e facultades dos comités de seguridade e saúde, así como dos delegados de prevención, serán as que veñen definidas pola propia Lei de prevención de riscos.

Capítulo XI

Acción social e formación

Artigo 44º.-Plan de formación.

Nas institucións incluídas no ámbito de aplicación do presente convenio abordarase a posta en marcha dun plan de formación continua para os traballadores, logo de negociación cos comités de empresa.

As accións formativas, incluídas no plan da institución que reúnan as condicións para ser financiadas polo FORCEM tramitaranse perante a comisión territorial do citado organismo.

Artigo 45º.-Plan de acción social.

En cada institución abordarase a posta en marcha dun plan de acción social para todo o persoal dependente dela logo de negociación co comité de empresa.

Artigo 46º.-Incapacidade temporal.

Durante os procesos de incapacidade temporal por accidente de traballo ou enfermidade profesional a empresa aboará a prestación complementaria ó subsidio da Seguridade Social ata acada-lo 100% do total da súa retribución fixa e periódica en xornada ordinaria. Esta prestación aboarase desde o primeiro día de baixa e ata como máximo cumprirse dezaoito meses de se ter iniciado en situación de incapacidade temporal.

Durante os procesos de incapacidade temporal por enfermidade común ou accidente non laboral que supoñan hospitalización ou que teñan unha duración superior ós 21 días, a empresa aboará a prestación complementaria ó subsidio da Seguridade Social ata o 100% das retribucións fixas e periódicas en xornada ordinaria a partir do primeiro día de baixa ata un máximo de dezaoito meses.

Capítulo XII

Dereitos sindicais

Artigo 47º.-Comité de empresa.

O comité de empresa, sen prexuízo das competencias, funcións, garantías e dereitos en xeral recoñecidos polas disposicións legais, terán os seguintes dereitos:

1. Disporán de tempo retribuído para realiza-las xestións conducentes á defensa dos intereses dos traballadores. As horas mensuais necesarias para cubrir esta finalidade serán as que se recollen na escala fixada polo Estatuto dos traballadores.

2. O presente capítulo rexerase pola normativa xeral de aplicación así como polos pactos sobre dereitos sindicais aplicables no sector sanitario en canto á acumulación de crédito horario para exención de prestación de servicios por período mínimo de seis meses.

Réxime transitorio

O proceso de adopción das medidas de transición dos actuais sistemas retributivos e de clasificación profesional das institucións incluídas no ámbito de aplicación ó sistema retributivo e clasificación por grupos profesionais que se establece no presente convenio desenvolverase coa asistencia da comisión paritaria prevista no artigo 5º. Para estes efectos poderán constituírse os grupos de traballo específicos que se estimen oportunos. Estes grupos de traballo participarán no establecemento dos complementos de dispoñibilidade horaria e realización de funcións de responsabilidade e coordinación de actividades especiais previstos no artigo 28º, así como no cálculo do complemento de compensación.

Naquelas institucións incluídas no ámbito de aplicación do convenio que estean actualmente en proceso de redefinición de postos de traballo, poderá demorarse ata o momento da devandita definición o cálculo do complemento de compensación previsto no artigo 28º para aqueles postos que se transformen como consecuencia do devandito proceso, sen prexuízo da efectividade económica das medidas contidas no presente convenio.

A aplicación do réxime de xornada previsto no presente convenio para o ano 2001 tomará como data de referencia inicial o día primeiro do mes de publicación no Diario Oficial de Galicia deste convenio. As compensacións de xornada que, se é o caso, puideran producirse, faranse efectivas mediante descansos que se desfrutarán durante o ano 2002 de acordo cos criterios establecidos despois de negociación cos comités de empresa.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2002.

* Por el protectorado:

Valeriano Martínez García, director xeral da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saude.

Arturo M. Hermida Paredes, subdirector xeral de Relacións Laborais, Recursos e Reclamacións.

Ignacio Lema Piñeiro, subdirector xeral de Custos de Persoal e Retribucións.

* Representantes fundacións-empresas públicas:

Salustiano González Vinagre, director da Fundación Pública Hospital da Barbanza.

José Rey Aneiros, director da Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira.

Carmen Rial Lobatón, directora da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia.

Enrique Isaac Pérez Varela, director da Fundación Pública Hospital Verín.

Manuel Sánchez Salorio, director técnico do Instituto Gallego de Oftalmología.

Pedro Soler Bordoy, director da Fundación Pública Hospital Comarcal de O Salnés.

Julio Germán Villar Barreiro, director xerente do Instituto Gallego de Medicina Técnica, S.A.

* Polas organizaciós sindicais:

-CC.OO.:

Jorge Puente Hernández.

Ángel González Martínez.

Eva Mª Sánchez Mayo.

Yolanda Parra Hernández.

Isabel Grovas Ramos.

-CIG:

Mª Xosé Abuín Álvarez.

Clara Rodríguez Rey.

Manuel Fraiz Barbeito.

-UGT:

Juana Mª Casais Martínez.

Olegario Alves Senra.

Juan Castro Trillo.

-CSI-CSIF:

Daniel Otero Castiñeira.

-SATSE:

Juan Manuel Conde Fernández.

-USO:

M. Yolanda Morales de la Fuente.

ANEXO I

(en euros)

GrupoDefinición convenioSalario

base

Complem.

convenio

Actividade

única

C. variableTotal 2001Ano 2002Variable

2002

Ano 2003Variable

2003

1Facultativo especialista17.846,455.965,815.102,635.102,6334.017,5334.697,885.782,9835.391,846.476,94

2Facultativo non especialista17.846,454.139,893.281,563.281,5628.549,4729.120,463.852,5529.702,874.434,96

3Titulado universitario superior non sanitario17.846,453.733,192.397,7423.977,3824.456,932.877,2924.946,073.366,43

4Titulado universitario de grao medio sanitario ou formación equivalente13.597,303.338,621.881,7718.817,6919.194,042.258,1219.577,922.642,00

4 bisTitulado universitario de grao medio sanitario ou formación equivalente con especialidade (matrona)13.597,303.035,111.881,7718.514,1818.884,462.252,0519.262,152.629,74

5Titulado universitario de grao medio non sanitario13.597,302.792,301.821,0718.210,6718.574,882.185,2818.946,382.556,78

6Técnico con formación profesional superior sanitario10.622,892.361,32977,3113.961,5114.240,741.256,5414.525,561.541,35

7Técnico con formación profesional superior ou equivalente non sanitario10.622,892.361,32977,3113.961,5114.240,741.256,5414.525,561.541,32

8Técnico con formación profesional básica sanitaria9.348,142.063,88 728,4312.140,4412.383,25971,2412.630,921.218,90

9Técnico con formación profesional ou equivalente non sanitaria9.348,142.063,88728,4312.140,4412.383,25971,2412.630,921.218,90

10Outro persoal sen titulación específica9.008,211.827,14698,0811.533,4211.764,09928,7411.999,371.164,03

ANEXO II

(en euros)

ConceptoGrupo

convenio

Valor hora

ano 2001

Garda física facultativo1, 2 e 311,67

Garda localizada facultativo1, 2 e 35,84

Garda física ATS/matrona/fisioterapeuta4, 4 bis e 55,41

Garda localizada ATS/matrona/fisioterapeuta4, 4 bis e 52,70

Garda física TEL/TER6 e 74,60

Garda localizada TEL/TER6 e 72,30

Garda física auxiliar enfermería/celador8, 9, 10 e 113,91

Garda localizada auxiliar enfermería/celador8, 9, 10 e 111,95

Xornada nocturna ATS/DUE4, 4 bis e 52,68

Xornada nocturna TEL/TER6 e 72,18

Xornada nocturna auxiliar/celador8, 9, 10 e 111,91

Xornada feirada ATS/DUE4, 4 bis e 53,16

Xornada feirada TEL/TER6 e 72,90

Xornada feirada auxiliar/celador8, 9, 10 e 112,63

ANEXO III

Importe dos trienios modulares (en euros)

Grupo

convenio

Definición convenioImportes trienios

(14 mens.)

1Facultativo especialista37,95

2Facultativo non especialista37,95

3Titulado universitario superior non sanitario37,95

4Titulado universitario de grao medio sanitario ou formación equivalente30,37

4 bisTitulado universitario de grao medio sanitario ou formación equivalente30,37

5Titulado universitario de grao medio non sanitario30,37

6Técnico con formación profesional superior sanitaria22,79

7Técnico con formación profesional superior ou equivalente non sanitaria22,79

8Técnico con formación profesional básica sanitaria15,22

Grupo

convenio

Definición convenioImportes trienios

(14 mens.)

9Técnico con formación profesional ou equivalente non sanitaria15,22

10Outro persoal sen titulación específica11,42