Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 15 de maio de 2002 Páx. 7.136

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2002 pola que se convoca concurso anticipado de gasto para a contratación dunha asistencia técnica para o servicio de voz da Xunta de Galicia.

1. Obxecto.

Contratación da asistencia técnica para o servicio de voz da Xunta de Galicia.

2. Orzamento de licitación.

184.794 euros, IVE incluído, dividido en dúas anualidades das que 123.196 A son para o ano 2002 e 61.598 A con cargo ó ano 2003.

3. Prazo de execución.

Desde o asinamento do contrato ata o 30 de abril de 2003.

4. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá examinarse na Subdirección Xeral de Planificación e Coordinación Informática da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina durante o prazo de presentación de proposicións, sita na Casa da Radio, s/n, San Caetano, en Santiago de Compostela.

As copias da documentación poderán solicitarse en Copy Nino; Xeral Pardiñas, 2, Santiago de Compostela, teléfono: 981 588938, mediante o aboamento do importe que corresponda.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1181.

5. Fianza provisional: 3.695,88 A.

6. Fianza definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

7. Modelo de proposición: o que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse, en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio administrativo central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión de proposicións rematará ás catorce horas do día que resulte ó contar quince días naturais a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

No exterior dos sobres expresarase o seguinte texto:

«Proposición para tomar parte no concurso convocado pola Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública da Xunta de Galicia para a contratación dunha asistencia técnica para o servicio de voz da Xunta de Galicia, que presenta D./Dona... en nome... (propio ou da entidade que representa)».

9. Apertura de proposicións: en acto público, na sala G de reunións da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano), ás trece horas do terceiro día hábil seguinte ó do peche do prazo de presentación de proposicións que non coincida nin en sábado nin en festivo.

O importe do anuncio relativo a este concurso será por conta do adxudicatario, que deberá aboalo con anterioridade ó asinamento do contrato.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2002.

P.D. (Orde 18-12-2001)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia,

Relacións Institucionais e Administración Pública