Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 15 de maio de 2002 Páx. 7.135

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (857/2001).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dá fe e testemuño que nos autos seguidos perante este Xulgado do Social tramitados baixo o número 857/2001 por instancia da Dolores Veran Mayo contra a empresa AG de Formación Informática, S.L. e Fogasa sobre salarios, dictouse a seguinte sentencia.

Na Coruña, 10 de abril de 2002.

O Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 857/2001 seguidos por instancia de Dolores Veran Mayo, maior de idade, asistida polo letrado José Páramo Sureda, contra a empresa AG de Formación Informática, S.L., que non compareceu nos autos; intervindo o Fogasa, representado e asistido pola letrada Enma Pérez Díez del Corral, sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Dolores Veran Mayo contra empresa AG de Formación Informática, S.L., intervindo o Fogasa, condenando a demandada a aboarlle á demandante a cantidade de 1.757,32 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra a referida non cabe recurso ningún.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación a empresa AG de Formación Informática, S.L., que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula na Coruña, 10 de abril de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA