Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 14 de maio de 2002 Páx. 7.042

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXANOVA

COMISIÓN electoral.-Elección dos conselleiros xerais en representación dos impositores de Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra-Caixanova: aviso.

Proseguindo co desenvolvemento do proceso electoral para a renovación dos órganos de goberno desta

entidade, ponse en coñecemento dos compromisarios proclamados poder tomar parte nas eleccións a conselleiros xerais da institución en representación dos impositores, que o acto da votación terá lugar o próximo día 23 de maio, desde as 10 ás 16 horas, no Centro Cultural Caixanova, sito na rúa Policarpo Sanz, nº 13, de Vigo.

Para o acceso ó colexio electoral, os compromisarios deberán acredita-la súa condición mediante a presentación do DNI ou documento equivalente.

Vigo, 7 de maio de 2002.

Ramón Cornejo Molíns

Copresidente de Caixanova

SOCIEDADE DE IMAXE E PROMOCIÓN TURÍSTICA

DE GALICIA, S.A.