Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 14 de maio de 2002 Páx. 7.042

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

ANUNCIO.

No BOP de Ourense do día da data publícase anuncio para a provisión dunha (1) praza de encargado de desenvolvemento de aplicacións informáticas, asimilada ó grupo C, nivel 21. Concurso oposición libre, con esixencia do título de bacharelato superior ou equivalente, no cadro laboral fixo de postos de traballo, correspondente á oferta de emprego público de 2001 e rexerán as mesmas bases publicadas no BOP do día 15 de outubro de 2001, coas modificacións que constan neste anuncio, relativas á titulación esixida.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da deputación durante o prazo dos 20 días naturais seguintes ó da publicación do pertinente anuncio no BOE. Así mesmo, poderán presentarse na forma que determina o artigo 38.4º da Lei 30/1992. Á solicitude deben unírselle os xustificantes dos méritos que se aleguen.

No mesmo prazo xustificarase o aboamento dos dereitos de exame por importe de 7,51 euros.

A deputación facilitará copia das bases e modelo oficial de solicitudes, nas oficinas do rexistro xeral; rúa Progreso, 32 (Ourense), ou solicitándoo ó teléfono 988 38 51 00 ou ó fax 988 38 51 84.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse exclusivamente no taboleiro provincial de edictos en todo caso e no BOP de Ourense cando proceda, de conformidade coas bases das probas selectivas.

O que se publica de conformidade co disposto no artigo 233.3º da Lei 7/1995, de Administración local de Galicia.

Ourense, 7 de maio de 2002.

O presidente

Rubricado