Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 14 de maio de 2002 Páx. 7.042

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 1 de marzo de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Rexeita-la solicitude de incorporación de Carmen e María Maceiras García á Xunta de Compensación do polígono G9.01 rúa San Vicente.

2. Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación da parcela non incorporada á Xunta de Compensación do polígono G9.01 San Vicente que se identifica coa casa número 3 da rúa Borrallón.

3. Remiti-lo proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta á Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

O que se fai público para xeral coñecemento indicando que contra o anterior acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio, se ben previamente, e con carácter potestativo, cabe interpoñer recurso de reposición ante o propio órgano que adoptou o acordo no prazo dun mes. Neste caso contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpoñe-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados desde o día seguinte á notificación ou, noutro caso, no de seis meses contados desde a desestimación presunta, que se enten

derá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

A Coruña, 12 de marzo de 2002.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda