Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 14 de maio de 2002 Páx. 7.041

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO da aprobación inicial do expediente 5/2002.PED.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 9-4-2002, acordou aprobar inicial

mente o estudio de detalle da UA 13, sita en Candame, promovido por Viviendas Arteixo, S.L., representada por José Manuel López Rodríguez (expediente 5/2002.PED), o cal queda sometido á información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio.

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo e presenta-las alegacións que estimen convenientes.

Ó mesmo tempo e ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar de notificación dalgún ou intentada esta non se puidese practicar, sirva o presente anuncio de notificación, coa finalidade e alcance que se consideran no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Arteixo, 11 de abril de 2002.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente alcalde