Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 14 de maio de 2002 Páx. 7.037

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da variación da cifra de capital social mínimo da entidade Confecciones Priorada, S. Coop. Galega.

O artigo 5.2º da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, establece a obrigatoriedade da publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo de variación da cifra de capital social mínimo adoptado polas cooperativas. Na súa virtude,

RESOLVO:

Dispoñe-la publicación, no Diario Oficial de Galicia, da diminución da cifra do capital social mínimo da entidade Confecciones Priorada, S. Coop. Galega, acordada por unanimidade na asemblea xeral celebrada o día 8-10-2001.

Na devandita asemblea acordouse fixa-lo capital social mínimo en 5.709,61 euros, antes establecido en 13.823,28 euros, quedando deste xeito reducido o seu importe.

A Coruña, 10 de abril de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña