Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 14 de maio de 2002 Páx. 7.037

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

ANUNCIO de concurso para a venda de parcelas do parque empresarial de Xove (segunda fase).

A resolución pola que se fixan os criterios de alleamento e demais documentación, poderá ser examinado nas oficinas de Xestión Urbanística de Lugo, S.A. (Xestur-Lugo), sita na praza de San Domingos, nº 6-5º de Lugo, nas horas de 10 a 14, de luns a venres.

O prazo de presentación de proposicións para participar no concurso, é de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia (DOG), podendo facerse a presentación nas citadas oficinas de Xestur-Lugo, ata as 14 horas do derradeiro día do prazo, ou o inmediato hábil seguinte se o vixésimo día natural cae en sábado, domingo ou festivo.

A apertura das proposicións realizarase ás 14 horas, na sala de xuntas de Xestur-Lugo ó terceiro día hábil seguinte (excepto sábados), contado desde o derradeiro para a presentación das proposicións.

Lugo, 17 de abril de 2002.

Eugenio Basanta Curbera

Xefe provincial do Instituto Galego da Vivenda

e Solo