Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 14 de maio de 2002 Páx. 7.036

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, das notificacións dos expedientes sancionadores por infraccións na orde social que se citan.

Notifícase, de conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ás empresas que a continuación se relacionan, ó non poder notificar por correo certificado, as resolucións dictadas nos expedientes de sanción, por infracción na orde social (materia laboral, seguridade e hixiene e saúde laboral). O seu enderezo, identificación, número do expediente, contía da sanción e disposición infrinxida cítanse de seguido:

Empresa: Cousas Lugo, S.L.

Domicilio: Río Sil, 7-2º B, Lugo.

NIF: B-27164219.

Nº de expediente: 161/2001.

Contía: 601,01 euros.

Disposición infrinxida: artigo 15.1º b) do Real decreto lexislativo 1/1995.

Empresa: Crogal, S.L.

Domicilio: Flor de Malva, 29, Lugo.

NIF: B-27248830.

Nº de expediente: 182/2001.

Contía: 300,51 euros.

Disposición infrinxida: artigos 5 e 11 da Lei 42/1997.

Contra esta resolución poderán interpo-los interesados recurso de alzada, polo conducto desta delegación, perante o director xeral de Relacións Laborais no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírteselles que de non ser interposto este en tempo e forma, terán que aboa-la multa imposta a través da Caixa Galicia, cta. contable 840, código 001, clave 390055, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación desta resolución xa que, noutro caso, procederase á exacción pola vía de constrinximento, nos termos previstos na orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001.

Lugo, 8 de abril de 2002.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo