Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 14 de maio de 2002 Páx. 7.036

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 18 de abril de 2002, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de aperturas e pregos de cargos de expedientes sancionadores (PESAN1 2001/001087-1 e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, as aperturas e pregos de cargos dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para presentar ante a delegación territorial as alegacións que estimen pertinentes.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Delegación Territorial da Coruña, Ramón y Cajal, s/n, 5ª planta.

Nº de expediente: PESAN1 2001/001087-1.

Denunciado: Antonio Pérez Pérez.

DNI: 76704890-M.

Enderezo: avda. Xral. Sanjurjo, 90-3º, A Coruña.

Nº de expediente: PESAN1 2002/000354-1.

Denunciada: Isabel Márquez Varela.

DNI: 32811600-F.

Enderezo: Río Lérez, 18-1º, Carballo.

A Coruña, 18 de abril de 2002.

Beatriz Alonso de la Iglesia

Instructora

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS