Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 14 de maio de 2002 Páx. 7.031

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2002 pola que se publica a relación de solicitudes de autorización para a instalación de parques eólicos admitidas a trámite ó abeiro da Orde do 31 de xaneiro de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 33, do 14 de febreiro).

Visto o expediente tramitado e tendo en conta os seguintes fundamentos de feito:

1. O 14 de febreiro de 2002 foi publicada no DOG (nº 33) a Orde do 31 de xaneiro de 2002 pola que se abría o prazo para a presentación de solicitudes de autorización para a instalación de parques eólicos en cumprimento do establecido no artigo 15.1º do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, establecendo na súa disposición segunda o prazo dun mes para a presentación das ditas solicitudes.

2. Durante o referido prazo dun mes presentaron solicitudes os promotores que se relacionan a continuación. Naqueles que solicitaron máis dunha autorización relaciónanse os parques atendendo á orde de preferencia establecida polo promotor e subsidiariamente por aplicación do criterio exposto na disposición 2ª alínea b) da Orde do 31 de xaneiro de 2002.

PARQUES EÓLICOS

PROMOTOR

DATA PRES.

PARQUE EÓLICO

POT.

(MW)

BÁRBARA CRIADO, S.L.20-2-2002SANTA MARIÑA3,00

PENA DO BUITRE12,00

AS VEDRAS2,40

CHAN DAS LAGOAS5,40

MONTE DA LEBRE1,50

CENTRAL DE MASEIRIÑOS, S.L.22-2-2002PENA LONGA2,25

PROMOTOR

DATA PRES.

PARQUE EÓLICO

POT.

(MW)

ECONOLER, S.A.22-2-2002MONTEVENTOSO1,20

PENA DO BUITRE21,00

VIDAL ARMADORES, S.A.27-2-2002PORTO DO SON EN COMPETENCIA25,50

FRINSA EÓLICA, S.A.28-2-2002MONTE SAN ALBERTO15,00

ENERGÍAS RENOVABLES COSTA CORUÑA, S.L.28-2-2002BENS2,40

EÓLICAS DA CADEIRA28-2-2002SERRA DA CADEIRA28,05

UNIÓN FENOSA ENERGÍAS ESPECIALES5-3-2002COTO DE CODESAS49,30

SILVARREDONDA16,90

HIDROELÉCTRICA DE OUROL, S.L.8-3-2002OUROL48,80

ENERGÍAS DEL RIBEIRO, S.L.8-3-2002RIBEIRO7,20

HIDROELÉCTRICA GALAICO-PORTUGUESA, S.A.11-3-2002IRIXO41,25

FARO49,50

PARAÑO49,50

SERRA DE QUEIXA49,50

SERRA DO VIEIRO27,75

MONTOUTO 2000, S.A.11-3-2002MONTOUTO49,50

HIDROELÉCTRICA DEL GIESTA, S.R.L.12-3-2002MOEIRAS5,94

PROMOTORA EÓLICA DE GALICIA, S.L.12-3-2002MONTE RANDE9,24

VENTOABREGO, S.L.13-3-2002PEDRE50,00

ACCIONA EÓLICA DE GALICIA, S.A. (AEGA)13-3-2002ÁLABE-LESTE15,75

ÁLABE-LABRADA18,75

ÁLABE-TERRAL27,75

ÁLABE-MONTEMAYOR NORTE22,50

ÁLABE-MONTEMAYOR SUR18,00

RUSSULA, S.A.13-3-2002MONTES NA SERRA DO BARBANZA30,00

ENERGÍAS AMBIENTALES, S.A. (EASA)14-3-2002SERRA DE OUTES44,80

SERRA SECA48,75

PEDRABELLA49,50

EUROVENTO, S.L.14-3-2002GAMOIDE32,50

RIOBOO20,80

BUIO48,10

GOA5,20

FONTEAVIA48,10

BIDUEIROS48,10

RIOMAO5,20

ENERGÍA DE GALICIA, S.A. (ENGASA)14-3-2002SANTA COMBA23,20

PENA DA CRUZ45,00

EÓLICAS DEL SIL, S.A.14-3-2002AMPLIACIÓN DE MEDA13,60

AMPLIACIÓN SERRA DO BURGO11,90

ENDESA COGENERACIÓN Y RENOVABLES, S.A.14-3-2002FONSAGRADA49,50

CARBALLEIRA24,42

VENTOSA48,84

CHAN DO TENÓN24,80

PENAS ALTAS47,52

SERRA DAS PENAS29,04

BECERREÁ39,60

SERRA DO CALAMOUCO39,60

SAN SEBASTIÁN49,50

A PEROXA34,32

PICO CERDEIRA24,42

ESCOIRAS17,16

MALPICA14,52

ESTACA DE BARES49,50

ÓRDENES49,50

MORRAZO49,50

ELECNOR, S.A.14-3-2002FARELO49,40

GAMESA ENERGÍA, S.A.14-3-2002VIVEIRO36,55

GOIA PEÑOTE40,80

SERRA DE MEIRA49,30

LA FARRAPA49,30

POUSADOIRO49,30

AMPLIACIÓN DE PENA DA CRUZ10,20

CABANELAS28,70

CENTRAL ELÉCTRICA MACEIRA, S.L.14-3-2002CHAN DO SEIXO26,00

ESCAMBEO, S.L.14-3-2002AREOSA50,00

PROMOTOR

DATA PRES.

PARQUE EÓLICO

POT.

(MW)

FORDOVEN, S.L.14-3-2002COSTOIRA49,40

EÓLICOS DE TOURIÑÁN, S.A.14-3-2002TOURIÑÁN III19,50

TOURIÑÁN IV25,00

TOURIÑÁN VII10,00

NORVENTO, S.L.14-3-2002FIOUCO24,70

CADEIRA-CERROLLANO49,40

CORPORACIÓN EÓLICA GALLEGA, S.A.14-3-2002LA MEZQUITA49,50

ESTEGA ESTUDIOS15-3-2002COSTA GRANDE49,50

BAÑOS45,00

ALTO DO CASTRO49,50

DESARROLLOS EÓLICOS, S.A.15-3-2002LA CELAYA28,20

PONTE REBORDELO40,20

VALSAGUEIRO32,30

MUXÍA I49,80

MUXÍA II24,60

FONTESILVA24,00

SALGUEIRAS10,20

As solicitudes presentadas por Puente Lendo Comunicaciones, S.L. e o Concello de Vimianzo non poden ser tidas en conta xa que no primeiro caso se refiren a unha solicitude de investigación na zona do Incio e no outro da exposición dunha intención de emprender un parque eólico, sen que en ningún dos supostos a solicitude reúna os requisitos establecidos no artigo 16 do Decreto 302/2001.

3. Así mesmo, e de acordo co disposto na disposición adicional da Orde do 31 de xaneiro de 2002 que recolle o mandado da disposición transitoria terceira do Decreto 302/2001, inclúense de forma automática na relación de solicitudes para valorar todas aquelas que se encontran en tramitación, aínda no suposto de que os promotores non presentasen no prazo a solicitude referida na disposición transitoria segunda da Orde do 31 de xaneiro de 2002.

4. Oído o Inega en cumprimento do establecido no artigo 17 do Decreto 302/2001.

Tendo en conta os seguintes fundamentos de dereito:

1. A Consellería de Industria e Comercio é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, Decreto 302/2001, do 25 de outubro.

2. Unha vez comprobada a situación do expediente administrativo de tódalas solicitudes presentadas conclúese que a tramitación se completou na súa

totalidade a expensas da resolución de autorización nos seguintes:

ParquePromotor

-Parque eólico de RiobooEurovento, S.L.

-Parque eólico de GamoideEurovento, S.L.

-Parque eólico de LesteAcciona Eólica de Galicia, S.A.

-Parque eólico de LabradaAcciona Eólica de Galicia, S.A.

-Parque eólico de TerralAcciona Eólica de Galicia, S.A.

-Parque eólico de FareloElecnor, S.A.

Considérase oportuno prosegui-la tramitación dos ditos parques, a excepción do de Rioboo, por ter adxudicado o seu promotor unha potencia nestes momentos aínda en construcción, que unida á do parque de Gamoide garante de forma suficiente a viabilidade do plan eólico estratéxico do promotor Eurovento.

3. Por outro lado, tendo en conta as relacións presentadas polos distintos promotores, compróbase, por un lado, que dos parques relacionados no punto anterior, todos eles se encadran no desenvolvemento de diferentes plans eólicos estratéxicos e por outro, en todos eses casos os promotores os consignaron no primeiro lugar das súas preferencias.

4. As solicitudes de determinados promotores están incluídas dentro do desenvolvemento de diferentes convenios auspiciados pola Administración para a realización de estructuras de evacuación e transporte.

Así, significaremos como convenios a ter en conta o asinado polos promotores eólicos con Electra del Viesgo, e o asinado con Unión Eléctrica Fenosa, planificadores de infraestructuras comúns de evacuación en zonas territoriais concretas.

Considérase por iso oportuno tramita-los parques da Fonsagrada Endesa Cogeneración y Renovables, S.A. (ECYR) e Goia-Peñote Gamesa Energía, S.A. (Gamesa). Con base nesta xustificación tamén se tramitan os parques pertencentes a Acciona Eólica de Leste, Labrada e Terral, xa recollidos no fundamento de dereito primeiro.

5. Por outro lado, destacarase que a Administración debe, en todo caso, garanti-la correcta execución e evolución dos parques eólicos estratéxicos aprobados para así permitir mante-lo desenvolvemento e execución efectiva dos plans tecnolóxicos e industriais asociados a eles. De aí que, tendo en conta o grao de desenvolvemento dos distintos plans no que se refire á proporción de potencia executada sobre a outorgada, débense satisfacer preferentemente as pretensións de aqueles promotores que por unha parte, desenvolvesen positivamente os ditos plans e por outra, requiran unha adxudicación de potencia para non quebrar unha correcta evolución deles.

É por este motivo polo que ós parques ata agora relacionados se engade o parque de Viveiro, promovido por Gamesa, tendo en conta, ademais, que neste parque se superou o trámite ambiental.

6. Considérase tamén procedente continua-la tramitación do parque eólico do Farelo, promovido por Elecnor, S.A., debido a que forma parte dun aproveitamento integral composto por outros tres parques

xa autorizados, co que, deste modo, se consegue a conclusión das tramitacións administrativas das distintas unidades do mesmo; tendo en conta, por outro lado, que como se espuxo no fundamento primeiro, este é un parque que tamén superou a tramitación ambiental.

7. Considérase necesario que tódolos promotores con plans aprobados poidan ir desenvolvendo de forma planificada os distintos proxectos que os integran, co fin de garanti-la súa viabilidade. É por iso polo que se considera oportuno prosegui-la tramitación do parque eólico de Mondoñedo, pertencente ó plan de Fergo Galicia, xa que ata a data non conseguiu desenvolver potencia ningunha da que ten concedida.

8. Por último, e debido a que non supón incremento na potencia eléctrica de xeración, ó substituírse os megavatios dunha coxeración proséguese a tramitación do parque eólico de San Alberto presentado por Frinsa, S.A.

9. Tendo en conta a circunstancia de que unha porcentaxe dos parques seleccionados non completaron a súa tramitación administrativa e que esta inclúe de forma preceptiva unha avaliación ambiental que pola súa vez incorpora informes da Dirección Xeral de Patrimonio, Dirección Xeral de Turismo e outros organismos con competencias que afectan a autorización destas instalacións eléctricas, e que do contido delas pode derivarse unha diminución na potencia outorgada definitivamente a cada solicitude, para os efectos de garanti-la adxudicación da totalidade da potencia ofertada, é polo que no suposto de que se produza efectivamente a dita situación, se dictará unha nova resolución elaborada conforme os mesmos criterios que se tiveron en conta para determina-los parques que continuaran a súa tramitación, e en particular procurando como xa exposto anteriormente intentando presenta-la viabilidade dos plans eólicos, estratéxicos aprobados.

Polo exposto,

RESOLVO:

Que nos expedientes que a continuación se relacionan se prosiga a tramitación administrativa de autorización de parques eólicos:

ParquesPromotor

* ViveiroGamesa Energía, S.A.

* Goia PeñoteGamesa Energía, S.A.

* Gamoide (1ª fase)Eurovento, S.L.

* FonsagradaEndesa Cogeneración y Renovables, S.A.

* CarballeiraEndesa Gogeneración y Renovables, S.A.

* LesteAcciona Eólica de Galicia, S.A.

* LabradaAcciona Eólica de Galicia, S.A.

* TerralAcciona Eólica de Galicia, S.A.

* FareloElecnor, S.A.

* MondoñedoFergo Galicia Vento, S.L.

* San AlbertoFrinsa, S.A.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer, recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no

prazo dun mes, desde o día seguinte ó da súa publicación, de acordo co establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ó abeiro do disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen procedente.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2002.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio