Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 14 de maio de 2002 Páx. 7.034

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución das instalacións que comprende o modificado do proxecto do parque eólico de Viveiro. (Expediente 034-EOL).

En cumprimento do disposto na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, o Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación a este expediente segundo o establecido na disposición transitoria primeira da devandita lei, en relación coa disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, e Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, de aplicación segundo o establecido na disposición transitoria terceira do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública, por solicitude da empresa Gamesa Energía, S.A. as instalacións que a continuación se describen:

Obxecto de información pública:

Autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións que comprende o modificado do proxecto do parque eólico de Viveiro.

Peticionario: Gamesa Energía, S.A. Avda. do Cruceiro da Coruña, 201-A, 15705 Santiago de Compostela (A Coruña).

Situación: concellos de Viveiro e Xove (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V(0.616.203,445; 4.836.436,603), V(0.616.304,091; 4.836.229,026)

V(0.616.605,723; 4.835.961,426), V(0.619.941,875; 4.831.951,529)

V(0.619.827,119; 4.831.787,726), V(0.617.968,882; 4.832.150,103)

V(0.617.850,195; 4.832.311,080), V(0.617.862,658; 4.833.244,731)

V(0.616.085,610; 4.832.045,829), V(0.615.149,901; 4.832.465,326)

V(0.615.195,326; 4.832.660,099), V(0.617.459,081; 4.833.428,948)

V(0.615.865,155; 4.833.469,371), V(0.615.468,099; 4.834.146,808)

V(0.615.990,048; 4.835.123,676), V(0.615.837,406; 4.836.349,347)

Características técnicas do parque eólico:

-Nº de aeroxeradores: 43.

-Potencia nominal unitaria: 850 kW.

-Potencia total instalada: 36,55 MW.

-Tipo de aeroxerador: G-52.

-Producción neta anual estimada: 103.283 MWh/ano.

-Orzamento total: 26.436.548,6 euros.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

-43 aeroxeradores tipo G-52 de 850 kW de potencia nominal unitaria.

-43 centros de transformación de 900 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados unitariamente en interior de torre de aeroxerador, coa súa correspondente aparamenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación e subestación transformadora 20/132 kV.

-Subestación transformadora 20/132 kV para evacuación de enerxía producida no parque eólico de Viveiro, composta por un transformador principal 20/132 kV de 40/50 MVA ONAN/ONAF de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/0,42-0,24 kV de 100 kVA de potencia nominal unitaria cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

O que se fai público para coñecemento xeral, para que se poida examina-lo proxecto e presenta-las alegacións que consideren oportunas a este nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo Ronda da Muralla, 70, 27071 Lugo, no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio.

Lugo, 25 de abril de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo