Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 13 de maio de 2002 Páx. 6.956

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión realizada o día 29 de abril de 2002, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización de terreo en avenida San Xoán-vial integrado do Polígono nº 9, redactado polo arquitecto Carlos Rosón Gasalla, visado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia no 13 de setembro de 2001 e promovido pola sociedade Residencial Monasterio, S.L.

Contra este acordo pódese directamente no prazo dun mes desde a publicación interpoñe-lo recurso de reposición ante esta Alcaldía, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e 52.1º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. Este recurso deberá resolverse no prazo dun mes desde a formulación do recurso de reposición e, pasado este mes, entenderase desestimado; e contra a desestimación por silencio pode interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de seis meses, de conformidade cos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e se o recurso de reposición se resolve expresamente, o prazo para interpoñer recurso contencioso-administrativo será de dous meses conforme o artigo 46 da Lei 29/1998, ante o mesmo xulgado.

Poio, 3 de maio de 2002.

D. Luciano Sobral Fernández

Alcalde