Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 13 de maio de 2002 Páx. 6.957

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na súa sesión do 1 de abril de 2002, aprobou definitivamente a delimitación da unidade de intervención número 6 (UI-6) do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1), Asilo de Carretas-Galeras, promovido por Awacomgal, S.A.

Na mesma sesión a Comisión de Goberno aprobou o proxecto de compensación da unidade de intervención número 6 (UI-6) do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1), Asilo de Carretas-Galeras, promovido por Awacomgal, S.A.

Contra o citado acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; ou alternativamente, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do concello no prazo dun mes contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2002.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo