Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 13 de maio de 2002 Páx. 6.956

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno deste concello, en sesión realizada o día 29 de abril de 2002, adoptou, por unanimidade, o acordo número 22827 polo que se aproba definitivamente o proxecto de com

pensación presentado por Residencial Monasterio, S.L. e a valoración do aproveitamento urbanístico do concello, confeccionado o proxecto de compensación polo letrado Federico Delegado Alonso e polo arquitecto Eduardo Berea Cruz.

Contra este acordo pódese directamente no prazo dun mes desde a publicación interpoñe-lo recurso de reposición ante esta Alcaldía, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Este recurso deberá resolverse no prazo dun mes desde a formulación do recurso de reposición e, pasado este mes, enténdese desestimado; e contra a desestimación por silencio pode interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de seis meses, de conformidade cos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Poio, 3 de maio de 2002.

D. Luciano Sobral Fernández

Alcalde